Onomichi (尾道市, おのみちし, Onomichi-shi) é un concello da prefectura de Hiroshima no Xapón. Está situado na parte sueste da prefectura e no centro da rexión de Chūgoku, na parte oeste da illa de Honshū. Ten 284,85 km² de superficie, unha poboación de 146.838 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 515 h/km².

O concello de Onomichi limita cos concellos de Mihara, Sera, Fuchū e Fukuyama.

Onomichi coñécese ben como a cidade da literatura entre a xente maior e como a cidade das películas entre a xente xove.

Xeografía

Illas A cidade ten 17 illas. As principais son seguintes: Illa de Ikuchi-jima (生口島, いくちじま) Illa de Inno-shima (因島, いんのしま) Illa de Iwashi-jima (岩子島, いわしじま) Illa de Mukai-shima (向島, むかいしま) Illa de Momo-shima (百島, ももしま)

Economía

Turismo e lugares de interese Templo Senkō-ji (千光寺). Kōsan-ji, un templo (耕三寺) na illa de Ikuchi-jima.

Cidades irmandadas Honfleur, Departamento de Calvados, Baixa Normandía, Francia. Chongqing, China.

Personaxes de sona Kaiji Kwaguchi (かわぐち かいじ, 1948 - ) - Mangaka.

Véxase tamén

Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Onomichi .

Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Hiroshima Categoría:Rexión de San'yō