Kanazawa (金沢市, かなざわし; Kanazawa-shi) é un concello e cidade do Xapón, capital da prefectura de Ishikawa. Está situado ó oeste da rexión de Hokuriku na rexión de Chūbu e ó norte da prefectura, no centro da illa de Honshū. Ten 467,77 km² de superficie, unha poboación de 456.366 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 976 hab./km².

O concello de Kanazawa limita cos concellos de Hakusan, Nonoichi, Tsubata, Uchinada (que son da prefectura de Ishikawa); de Nanto e Oyabe (que son da prefectura de Toyama).

Turismo e lugares de interese O xardín de Kenroku-en (兼六園)

Museos Museo da arte da prefectura de Ishikawa (石川県立美術館) Museo da arte contemporánea do século XXI de Kanazawa (金沢21世紀美術館) Museo da artesanía tradicional da prefectura de Ishikawa (石川県立伝統産業工芸館)

Universidades Universidade de Kanazawa (金沢大学)

Cidades irmandadas Buffalo, Estado de Nova York, EUA (1962) Irkutsk, Rusia (1967) Porto Alegre, Río Grande do Sur, Brasil (1967) Gante, Bélxica (1971) Nancy, Francia (1973) Suzhou, Jiangsu, China (1981) Jeonju, Jeolla do Norte, Corea do Sur (2002)

Personaxes de sona Kyōka Izumi (泉 鏡花) - Escritor Shūsei Tokuda (徳田 秋声) - Escritor Saisei Murō (室生 犀星) - Poeta e escritor

Galería de imaxes

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da cidade de Kanazawa .

Categoría:Prefectura de Ishikawa Categoría:Rexión de Hokuriku Categoría:Concellos do Xapón