Baden-Baden é unha cidade alemá situada ao oeste do Land de Baden-Württemberg.

A cidade é famosa polos seus balnearios e as augas termais. Se cadra é por iso que se converteu nun importante destino de vacacións e de descanso, sobre todo para xente adiñeirada. Os seus balnearios atraen xubilados, e o seu casino, xente de gran poder adquisitivo.

Até 1931, a cidade chamábase unicamente Baden, mais para diferenciala da rexión de Baden, duplicáronlle o nome. A cidade ten 54 160 habitantes (decembro de 2015).

Historia Dise que o emperador romano Caracalla frecuentaba o lugar; na súa lembranza, unhas das termas levan actualmente o seu nome.

No século XIX, a burguesía europea comezou a tomar Baden-Baden como un lugar de descanso. Xurdiron grandes estabelecementos termais, teatro, hipódromo e o casino, un dos máis luxosos do mundo. Tamén aquí está un dos últimos castelos habitados de Europa.

Tras a fin da segunda guerra mundial, Baden-Baden foi sede do comando central das forzas de ocupación francesas en Alemaña.

Cidades irmandadas 20px Menton en Francia, dende 1961. 20px Moncalieri en Italia, dende 1990. 20px Freital en Saxonia, dende 1990. 20px Karlsbad (Karlovy Vary) na República Checa, dende 1998. 20px Ialta en Ucraína, dende 2000.

Véxase tamén

Ligazóns externas Baden-Baden Imaxes de Baden-Baden(de) Imaxes de Hohenbaden

Categoría:Cidades de Baden-Württemberg