Heilbronn () é unha cidade ao norte de Baden-Württemberg en Alemaña con 122.567 habitantes, sendo a sexta cidade máis grande do Estado.
A cidade está situada a beiras do río Neckar. Antigamente foi unha cidade libre imperial ("freie Reichsstadt") e hoxe en día é unha cidade independente e sede da rexión de Heilbronn. Tamén é o maior centro económico da rexión de Heilbronn-Franken, que inclúe o nordés de Baden-Württemberg case por completo.
Heilbronn é coñecido pola súa industria vinícola. Recibe tamén o apelativo de Käthchenstadt pola obra de Heinrich von Kleist chamada Das Käthchen von Heilbronn.
Xeografía miniatura|dereita|Vista da cidade Heilbronn está situada nun val por baixo do monte Wartberg e está rodeada de numerosos viñedos. O punto máis alto é o monte Reisberg con 378 metros.
Os distintos barrios da cidade son:
Cidade Böckingen Neckargartach Sontheim Klingenberg Frankenbach Kirchhausen Biberach Horkheim
Cidades irmandadas Béziers, Francia (1965) Neath Port Talbot, Reino Unido (1966) Solothurn, Suíza (1981) Stockport, Reino Unido (1982) Franckfurt der Oder, Alemaña (1988) Słubice, Polonia, (1998)
miniatura|centro|1070px|Panorámica de Heilbronn
Categoría:Cidades de Baden-Württemberg