ConstanzaPor exemplo en () é unha cidade universitaria de máis de 82.000 habitantes. Está situada na beira oeste do Lago Constanza no recuncho suroeste de Alemaña, no Estado de Baden-Württemberg. Fai fronteira ademais con Suíza.
Localización Constanza está situada no Lago Constanza (en alemán Bodensee). O río Rin, que nace nos Alpes Suízos, pasa a través do logo Constanza e ao abandonalo, considerabelmente maior, flúe baixo unha ponte que conecta as dúas partes da cidade.
Ao norte do río atópase a maior parte da cidade, con áreas residenciais, industriais e a Universidade de Constanza; mentres que na parte sur está o casco antigo e o centro administrativo e comercial, ademais das instalación da Hochschule ou Universidade de Ciencias Aplicadas. Transbordadores de automóbiles cruzan o lago e dan acceso a Meersburg, e un Catamarán proporciona servizo a peóns cara Friedrichshafen. Ao sur, ás beiras da cidade vella, atópase a cidade suíza Kreuzlingen.
Subdivisións miniatura|100px|esquerda|Subdivisións Constanza está dividida en quince distritos:
Altstadt Paradies Petershausen-West Allmansdorf Egg Fürstenberg Industriegebiet Königsbau Petershausen-Ost Staad Wollmatingen Dingelsdorf Litzelstetten Dettingen Wallhausen
Historia De 1414 a 1418 celebrouse nesta cidade o Concilio de Constanza, que deu fin ao Cisma de Occidente.
A comezos do século XIX e como consecuencia das guerras Napoleónicas, o territorio que comprende esta cidade pasou a formar parte da Confederación do Rin e tralo congreso de Viena adheriuse á Confederación Xermánica.
Economía O encanto de Constanza, que foi unha das poucas cidades do país que non foi destruída durante a segunda guerra mundial, atrae a visitantes de todo o estado e en particular de Stuttgart. Ademais Constanza constitúe unha das principais pontes para os intercambios comerciais entre Suíza e a Unión Europea.
Transporte Constanza está servida polas principais vías de ferrocarril cara ao oeste até Singen con conexión con tódalas partes de Alemaña, e cara ao sur a Suíza, conectando coas principais rutas en Weinfelden. Os servizos son proporcionados pola Deutsche Bahn e pola compañía suíza Thurbo e a súa filial alemá. O aeroporto máis próximo está en Friedrichshafen, ao que se pode chegar rapidamente grazas a un servizo de transbordador que cruza o lago, o cal conecta a cidade con outras vilas na beira do mesmo. O aeroporto opera fundamentalmente con voos domésticos, mais conta cunha liña co aeroporto londiniense de Stansted. Os aeroportos internacionais máis próximos son o de Stuttgart, Basilea e Zürich, o cal ten un tren directo con Constanza. Os servizos de autobuses urbanos son proporcionados por SüdbadenBus GmbH.
Ademais Constanza e Friedrichshafen están conectadas por dous (en pronto por tres) catamaráns dende 2005 Constance e Fridolin.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio Web Oficial Konstanz: Historia e imaxes Universidade de Constanza Universidade de Ciencias Aplicadas Fotografías de Constanza Páxina de fotografías de Constanza Fotos do Entroido de Constanza Comunidade de Internet de Constanza O Suedkurier, xornal de Constanza
Categoría:Cidades de Baden-Württemberg