O club da calceta é un telefilme dirixido por Antón Dobao no ano 2009 e producido por Ficción Producciones, Televisión de Galicia, Diagonal TV e Televisió de Catalunya. Rodouse en Ferrol entre setembro e outubro de 2008 e está protagonizado polas actrices galegas Mela Casal, Susana Dans, Sonia Castelo e María Vázquez e a catalá Katia Klein. Forma parte do proxecto Un mundo de historias, sendo o quinto relato da literatura galega adaptado por Dobao.
Sinopse
O club da calceta é unha adaptación libre da premiada novela do mesmo nome da lucense María Reimóndez, que tamén forma parte do elenco da produción.
Conta a historia dun grupo de mulleres moi distintas, pertencentes a diferentes clases sociais que se reúnen semanalmente para practicar a calceta, unhas horas que aproveitan tamén para compartir os seus problema e preocupacións e loitar contra unha sociedade machista e clasista cunha trama de misterio, relacionada cunha serie de mortes que se producen na cidade, como fondo.
Galardóns e nomeamentos Gañadora do premio do Festival Internacional de Cinema e Vídeo de Famalicao (norte de Portugal), que destaca cos seus galardóns as obras literarias levadas ó cine.
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2009Mellor filme para televisiónAlfonso ZarauzaNomeadoMellor actrizMaría Vázquez GañadoraMellor fotografíaSuso Bello Gañador
Véxase tamén Ligazóns externas Axencia Audiovisual Galega
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Antón Dobao