Altona (en baixo saxón: Altno) é un distrito situado na parte oeste da cidade Hanseática de Hamburgo con 245.511 habitantes (2008). Foi, durante varios séculos, unha cidade independente baixo a administración da coroa dinamarquesa, mais o 1 de abril de 1938 foi incorporada a Hamburgo mediante a Lei de Groß-Hamburg (Lei da gran Hamburgo).

Xeografía O límite sur de Altona é o río Elba, ao outro lado do río está o estado da Baixa Saxonia e os distritos de Harburg e de Hamburg-Mitte, distrito que tamén limita a Astona polo leste. A fronteira occidental é o estado de Schleswig-Holstein. Segundo a oficina de estatística da zona de Hamburgo Altona en 2008 tiña unha superficie de 77,4 km².

Barrios Os barrios (Stadtteile) de Altona son: Stadtteile Altona-Altstadt Altona-NordStadtteile Bahrenfeld OttensenStadtteile Othmarschen Groß FlottbekStadtteile Osdorf LurupStadtteile Nienstedten BlankeneseStadtteile Iserbrook SülldorfStadtteile Rissen Sternschanze

Demografía En 2008 no barrio de Altona vivían 243.972 habitantes, dos cales 16,4% eran rapaces menores de 18 anos e un 18,6% persoas maiores de 65. O 15,3% proviñan da inmigración, estando 12.545 rexistradas como desempregados. Hai 37 escolas elementais e 30 secundarias en Altona.

A seguinte táboa describe a evolución da poboación no distrito dende 1537. Hai que ter en conta que dende el 1 de abril de 1938 fixo a súa adhesión á cidade de Hamburgo. miniatura|300px|Casa do Concello de Altona Ano Habitantes 1537 60 1600 250 1620 1.500 1650 2.500 1664 3.000 1710 12.000 1746 15.500 1789 20.000 1803 23.085 1835 26.393 Ano Habitantes 1840 28.095 1845 32.200 1855 40.626 1860 45.500 1864 53.039 1867 67.400 1871 74.100 1875 84.097 1880 91.047 1885 104.719 Ano Habitantes 1890 143.249 1895 148.944 1900 161.501 1905 168.320 1910 172.628 1916 145.748 1917 144.052 1919 168.729 1925 185.135 1933 241.970 Ano Habitantes 1988 232.567 1990 239.231 1992 242.536 1994 242.407 1996 240.086 1998 237.243 2000 240.102 2002 241.179 2004 241.352 2006 243.972

Política Simultaneamente coas eleccións ao Parlamento Estatal (Bürgerschaft), 51 Bezirksversammlung son elixidos coma representantes dos cidadáns.

Eleccións As últimas elección en Hamburgo foron o 24 de febreiro de 2008. Cinco partidos obtiveron máis dun 5% dos votos, requisito necesario para poder cualificar. Estes cinco partidos foron: o conservador CDU, os socialdemócratas do SPD, os Verdes (GAL), o partido de esquerdas Die Linke e os neoliberais do Freie Demokratische Partei (FDP). A participación foi do 65,2%.

miniatura|250px|Gráfico dos escanos en Altona Partido Porcentaxe Escanos CDU 34.6 18 SPD 29.8 16 GAL 18.3 9 Die Linke 9.2 5 FDP 5.9 3

Transportes En Altona atópase a principal estación de ferrocarril do estado, Hamburg-Altona, que conecta o transporte público co rexional, tanto autobuses coma trens. O Bundesautobahn 7 conduce a través do distrito.

De acordo co Departamento de Vehículos a Motor (Kraftfahrt-Bundesamt) en Altona hai 87.131 coches privados rexistrados, o que supón uns 355 automóbiles por cada 1000 habitantes.

Categoría:Distritos de Hamburgo