miniatura|280x280px|Biface acheulense. O Paleolítico inferior é un período do Paleolítico que durou aproximadamente desde hai 2,5 millóns de anos, coincidindo coa aparición das primeiras ferramentas creadas por homínidos, até hai 120.000 anos.
Hai 3 millóns de anos o clima foi moito máis húmido que o actual, producíndose secas de duración variable. Durante estes períodos húmidos, a fauna era moi abundante, e é nesa época cando apareceron os primeiros grupos humanos, co Australopithecus e o Homo habilis.
Os datos de hábitat e modos de vida de Australopithecus son imprecisos, aínda que cabe supor que se desenvolvería a súa existencia nas beiras dos lagos, onde tiñan mellor asegurada a súa subsistencia.
Con respecto a Homo habilis, podemos diferenciar tres tipos de hábitat: Zonas situadas a beiras dos ríos Estacións de habitación (campamentos estacionais) Xacementos de despezamento
Aparecen xunto a Homo habilis as primeiras estruturas habitables, compostas por unha acumulación circular de pedras, sobre as que posiblemente se situarían unhas ramas.
O modo de subsistencia de Homo habilis era unha dieta a base de tubérculos, raíces e bagas.
Distínguense os seguintes grupos de cultura: Pre-Acheuliano (Cultura dos Cantos Tallados) Abbevillense Acheuliano Micoquiense Tayaciense Levalloisiense
Véxase tamén
Outros artigos Gándaras de Budiño
Categoría:Paleolítico
sv:Paleolitikum#Tidigpaleolitikum