Arnold Alois Schwarzenegger, nado en Thal, Austria o 30 de xullo de 1947, é un fisicoculturista, actor, e político estadounidense de orixe austríaca. Schwarzenegger foi o 38º gobernador de California dende 2003 a 2011.

Traxectoria Arnold Schwarzenegger comezou un adestramento de musculación con 15 anos. Gañou o título de Mr. Universe con 20 anos e gañou o Mr. Olympia sete veces. Schwarzenegger ficou como unha figura importante do culturismo e escribiu varios libros e artigos sobre esta práctica. Schwarzenegger acadou a fama internacional como unha icona dos filmes de acción de Hollywood. O seu primeiro grande éxito foi o filme épico Conan o bárbaro en 1982, cuxa recadación motivou unha secuela. En 1984, apareceu no filme de ciencia ficción de James Cameron Terminator, que foi un grande éxito de recadación e de crítica. Schwarzenegger retomou o papel de Terminator nos seguintes filmes da franquía en 1991, 2003, 2015 e 2019.“Terminator: Dark Fate”: ¿por qué ha envejecido el robot 'exterminador’ de Arnold Schwarzenegger? (27-10-2019). Elcomercio.pe. Apareceu en gran número de filmes, como Commando (1985), The Running Man (1987), Predator (1987), Twins (1988), Total Recall (1990), Kindergarten Cop (1990) e True Lies (1994). Nos seus tempos de culturista era alcumado "Austrian Oak" (carballo austríaco) ou "Styrian Oak" (carballo de Estiria), "Arnie" na industria do cine, e "The Governator" cando comezou a facer carreira política.

Politicamente, Schwarzenegger pertence ao Partido Republicano, en representación do cal foi elixido Gobernador do estado de California en 2003 e reelixido en 2006. Porén, en 2020 e 2024 votou a Joe Biden e Kamala Harris (do Partido Demócrata) porque é un opositor do empresario e político Donald Trump.

Vida persoal Estivo casado con Maria Shriver, sobriña de John F. Kennedy, que forma parte do máis prestante clan demócrata do país a pesar de que Schwarzenegger é do Partido Republicano. Xuntos tiveron 5 fillos. Divorciáronse no ano 2021.

Filmografía miniatura|160px|dereita|Estrela de Schwarzenegger no Paseo da Fama de Hollywood Ano Filme Papel Director Notas 1970 Hercules in New York Hércules Arthur Allan Seidelman Nos créditos como Arnold Strong 1973 The Long Goodbye Encarapuchado na oficina de Augustine Robert Altman 1974 Happy Anniversary and Goodbye Rico Jack Donohue 1976 Stay Hungry Joe Santo Bob Rafelson 1977 Pumping Iron Si mesmo George Butler/Robert Fiore 1979 The Villain/Cactus Jack Handsome Stranger Hal Needham Scavenger Hunt Lars Michael Schultz 1982 Conan o bárbaro Conan John Milius 1984 Conan o destrutor Conan Richard Fleischer Terminator Terminator James Cameron 1985 Red Sonja Kalidor Richard Fleischer Commando John Matrix Mark L. Lester 1986 Raw Deal Mark Kaminsky, aka Joseph P. Brenner John Irvin 1987 Predator Major Alan 'Dutch' Schaeffer John McTiernan The Running Man Ben Richards Paul Michael Glaser 1988 Red Heat Captain Ivan Danko Walter Hill Twins Julius Benedict Ivan Reitman Total Rebuild Si mesmo Andrew Lesnie 1990 Total Recall Douglas Quaid/Hauser Paul Verhoeven Kindergarten Cop Detective John Kimble Ivan Reitman 1991 Terminator 2: O xuízo final Terminator James Cameron 1992 Christmas in Connecticut Home sentado diante da Media Truck Arnold Schwarzenegger Tamén director Feed Si mesmo Kevin Rafferty/James Ridgeway Cameo 1993 Dave Si mesmo Ivan Reitman Cameo O derradeiro grande heroe Jack Slater/El mesmo John McTiernan 1994 True Lies Harry Tasker James Cameron Junior Dr. Alex Hesse Ivan Reitman Beretta's Island Si mesmo Michael Preece 1996 Eliminador U.S. Marshal John 'The Eraser' Kruger Chuck Russell Jingle All the Way Howard Langston Brian Levant T2 3-D: Battle Across Time Terminator John Bruno, James Cameron, Stan Winston Theme park attraction 1997 Batman e Robin Mr. Freeze Joel Schumacher 1999 End of Days Jericho Cane Peter Hyams 2000 The 6th Day Adam Gibson/Adam Gibson Clone Roger Spottiswoode 2001 Dr. Dolittle 2 Lobo branco Steve Carr Só voz; uncreditado 2002 Collateral Damage Gordy Brewer Andrew Davis 2003 Terminator 3: A rebelión das máquinas Terminator Jonathan Mostow The Rundown Bar Patron Peter Berg Cameo; uncreditado 2004 Around the World in 80 Days Príncipe Hapi Frank Coraci 2005 The Kid & I Si mesmo Penelope Spheeris Cameo 2006 Cars Sven John Lasseter Só voz, uncreditado2009 Terminator Salvation Terminator McG Imaxes do Terminator e tomas de arquivo superpostas a Roland Kickinger; uncredited cameo 2010 The Expendables Trent Mauser Sylvester Stallone Cameo; uncreditado

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Culturistas Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Gobernadores dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Estiria, Austria Categoría:Actores de cinema de Austria