O Kaidun é un meteorito caído na Terra o 12 de marzo do 1980 moi preto dunha base militar da Unión Soviética no Iemen. Características Contén niveis únicos dunha gran variedade de minerais, causando algunha confusión sobre a súa orixe. En marzo do 2004 suxeriuse que este meteorito era orixinario da lúa marciana Fobos."'Weird' meteorite may be from Mars moon" , artigo en New Scientist do 22 de abril de 2004 (consultado o 18 de marzo de 2006) ."Is the Kaidun Meteorite a Sample from Phobos?", artigo de A. V. Ivanov (2004) en abstract only. Solar System Research, v. 38, Issue 2, p. 97-107. .
Principalmente está composto de condrita carbonícea do tipo CR2, pero tamén contén fragmentos doutros tipos coma os C1, CM1, e C3. Preto de 60 minerais foron atopados dentro deste meteorito, moitos deles non poden ser atopados na natureza, coma o "florenskiite", que ten coma símbolo químico FeTiP.
A razón pola que Fobos foi suxerida coma a orixe do meteorito é por que nesta lúa pódense apreciar trazas de dúas rochas alcalinas extremadamente raras. Cada unha destas rochas foi agregada ao meteorito de xeito individual. Isto suxire que o meteorito debeu de estar preto dunha fonte de rochas alcalinas. As pescudas apuntan a Marte e mais a unha das súas lúas, Fobos, xa que esta está máis preto de Marte ca Deimos."The Kaidun Meteorite: Where Did It Come From?" , artigo en www.geokhi.ru .
Notas
Categoría:Meteoros Categoría:Marte