O Partido Socialdemócrata e Laborista (SDLP, en irlandés: Páirtí Sóisialta Daonlathach an Lucht Oibre, en inglés: Social Democratic and Labour Party) é un dos dous grandes partidos nacionalistas de Irlanda do Norte. Durante a época coñecida como The Troubles, o SDLP foi o partido nacionalista máis votado no Norte de Irlanda, pero dende o alto el fogo do IRA Provisional, ten perdido votos en favor do seu principal rival político nacionalista, o Sinn Féin.

Durante o Conflito, o partido distinguiuse do Sinn Féin fundamentalmente polo seu rexeitamento á violencia para acadar as metas dos nacionalistas, namentres que o Sinn Féin máis ou menos xustificaba os métodos do IRA.

O SDLP está afiliado á Internacional Socialista. É tamén membro do Partido dos Socialistas Europeos. En liñas xerais, está unido ao británico Partido Laborista e se da por feito que ambos teñen un acordo electoral non escrito.

O partido actualmente está liderado por Mark Durkan. Ten 3 parlamentarios na Cámara dos Comúns e 18 membros na Asemblea de Irlanda do Norte

Ligazóns externas Web do SDLP (en inglés)

Categoría:Partidos políticos do Reino Unido Categoría:Partidos nacionalistas irlandeses