Shizuoka (静岡市, しずおかし, Shizuoka-shi) é un concello e cidade da prefectura de Shizuoka no Xapón, capital da súa prefectura. Está situado ao sueste da rexión de Chūbu, ao leste da rexión de Tōkai e no centro da prefectura, no centro da illa de Honshū. Ten 1.411,82 km² de superficie, unha poboación de 718.327 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 509 hab./km².
No ano 2003, após a fusión da antiga cidade de Shizuoka e a cidade de Shimizu fundouse a nova cidade actual de Shizuoka.
O concello de Shizuoka limita cos concellos de Yaizu, Fujieda, Shimada, Kawanehon, Shibakawa, Fuji (que son da prefectura de Shizuoka); de Minamiarupusu, Hayakawa, Minobu, Nanbu (que son da prefectura de Yamanashi); de Iida, Ōshika e Ina (que son da prefectura de Nagano).
División administrativa O concello de Shizuoka divídese en 3 barrios (ku 区): Aoi-ku (葵区, あおいく) Shimizu-ku (清水区, しみずく) Suruga-ku (駿河区, するがく) 150px
Universidades Universidade de Shizuoka (静岡大学, しずおかだいがく, en Suruga-ku) - Universidade estatal Campus de Shizuoka Facultade das ciencias humanística e sociais Facultade das ciencias de educación Facultade de ciencia Facultade de agricultura Universidade da prefectura de Shizuoka (静岡県立大学, しずおかけんりつだいがく, en Suruga-ku) Campus de Yada Facultade de farmacía Facultade de alimentación e ciencia nutricional Facultade de relacións internacionais Facultade de administración e informáticas Campus de Oshika Universidade Tōkai (東海大学, とうかいだいがく, en Shimizu-ku) Campus de Shimuzu Facultade de marino
Cidades irmandadas Stockton, California, EUA (1959) Omaha, Nebraska, EUA (1965) Muroran-shi, Hokkaidou, Xapón (1976) Shelbyville, Indiana, EUA (1989) Cannes, Francia (1991) Jouetsu-shi, Prefectura de Niigata, Xapón (1995)
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Shizuoka .
Categoría:Prefectura de Shizuoka Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Cidades do Xapón