Uonuma (魚沼市, うおぬまし, Uonuma-shi) é un concello xaponés da prefectura de Niigata localizado na rexión de Hokuriku e na rexión de Chūbu. Está situado ó leste da rexión de Chūbu e ó sur da prefectura, no centro da illa de Honshū. Ten 946,93 km² de superficie, unha poboación de 41.822 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 44,2 h/km².

O concello de Uonuma limita cos concellos de Minamiuonuma, Tōkamachi, Kawaguchi, Ojiya, Nagaoka, Sanjō (que son da prefectura de Niigata); Minakami, Katashina (que son da prefectura de Gunma); de Hinoemata e Tadami (que son da prefectura de Fukushima).

Personaxes de sona Ken Watanabe (渡辺 謙, わたなべ けん, 1959 - ) - Actor.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Uonuma .

Categoría:Prefectura de Niigata Categoría:Rexión de Kōshin'etsu Categoría:Rexión de Hokuriku Categoría:Concellos do Xapón