José Fernando Vila Brión, nado en Xuño (O Porto do Son) o 21 de xuño de 1938 e finado en Padrón o 22 de febreiro de 2021, foi un químico, farmacéutico e político galego que foi alcalde do concello de Dodro.

Traxectoria Licenciouse e doutorouse en Ciencias Químicas, e licenciouse en Farmacia, na Universidade de Santiago de Compostela.

Foi presidente da Fundación Hospital Médico Cirúrxico Provincial de Santiago, en Conxo, e conselleiro xeral de Caixa Galicia.

Foi alcalde de Dodro durante vinte e oito anos, dende as primeiras eleccións municipais do presente período democrático (1979) cando encabezou a candidatura de UCD, pasando en 1983 á Coalición Popular, en 1987 á CPG e dende as municipais de 1991 ao PPdeG, até as municipais de 2007, nas que non se presentou á reelección. Isto convérteo no alcalde de Dodro co mandato máis longo da historia do concello. Compaxinou a alcaldía co oficio de farmacéutico.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Dodro

Ligazóns externas Entrevista en El Correo Gallego

Categoría:Alcaldes de Dodro Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Farmacéuticos do Porto do Son Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes