Javier Jorge Guerra Fernández, nado en Vigo o 12 de xullo de 1964, é un empresario e político galego.

Traxectoria Licenciado en Economía, ten un mestrado en administración de empresas e mercadotecnia. Dende 1987 traballa na xestión de distintas empresas, algunhas delas téxtiles, como Camper ou Nike. En 2002 fundou con Juan A. Costas a empresa El secreto del mar, firma dedicada á produción téxtil. A empresa adquiriu a licenza da marca El Niño, vencellada a roupa para surf, e expandiu as liñas de produción, con apertura de diversas tendas propias en España (2003) e con fabricación en Portugal a partir de 2004. En 2007 a firma acadou unha facturación de 31 millóns de eurosInformación da propia empresa , sección La empresa-Resultados e trasladou a súa sede central de Coruxo a Madrid.

Militante do Partido Popular de Galicia, en 2003 presentouse ás eleccións municipais no concello de Vigo na candidatura encabezada por Corina Porro, e converteuse en concelleiro. A finais dese ano, logo da perda dunha moción de confianza do alcalde socialista Ventura Pérez Mariño, Porro converteuse en alcaldesa e Guerra asumiu as competencias de economía e facenda. Nas eleccións de 2007 repetiu como concelleiro, pero o PP non accedeu ao goberno. En 2008 saíu elixido como deputado ao Congreso dos Deputados pola circunscrición de Pontevedra. Renunciou o 20 de abril de 2009. En 2009 foi nomeado conselleiro de Economía e Industria. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012. miniatura|Tralo seu paso por Ciudadanos, en 2019 volveu ás listas do Partido Popular. En 2018 anunciou a súa incorporación á agrupación local viguesa de Ciudadanos xunto cun grupo de militantes descontentos do Partido Popular, tras perder en 2016 a pugna pola presidencia local do partido. Nas eleccións xerais de novembro de 2019 encabezou a candidatura ao Senado pola provincia de Pontevedra, de novo polo Partido Popular.

En decembro de 2021 tentou, outra vez, liderar o PP en Vigo. Non foi elixido polos militantes, que apoiaron maioritariamente á súa rival, Marta Fernández-Tapias.

Vida privada Está casado e ten dous fillos; Javier Guerra e Carmen Guerra.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Blog de Xavier Guerra en archive.org . Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1964 Categoría:Políticos de Cidadáns - Partido da Cidadanía Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Concelleiros de Vigo