miniatura|Froilán conducindo un Ferrari 500 no ano 2000 José Froilán González, nado en Arrecifes o 5 de outubro de 1922 e finado en Buenos Aires o 15 de xuño de 2013, foi un piloto arxentino de Fórmula 1. Foi o primeiro piloto en conseguir unha vitoria para Ferrari nun Gran Premio de Fórmula 1, en 1951 en Gran Bretaña.
Traxectoria Froilán debutou na F1 no Gran Premio de Mónaco en 1950 conducindo un Maserati coa escudería Achille Varzi. En 1951 mudouno por un Talbot-Lago, participando nun par de carreiras antes de pasar ao equipo da Ferrari. Nesa tempada conseguiu 27 puntos, clasificándose terceiro da xeral cunha vitoria no GP de Gran Bretaña. En 1952 volveu ao Maserati finalizando en 1953 sexto con 13.5 puntos. En 1954 volve de novo aos mandos dun Ferrari, esa foi a súa mellor tempada quedando segundo con 26.64 puntos. En 1955 seguiu na Ferrari pero só tivo dous puntos en toda a tempada. Na tempada 1956 deixou a Ferrari para volver ao Maserati pasándose ao final da tempada a un Vanwall, sen acadar punto ningún. En 1957 volveu á Ferrari, mais non puido repetir éxitos pasados. Retirouse en 1960.
Resultados completos na Fórmula 1
Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Posición Puntos Maserati RUNP MONRet 500NP SUINP BELNP FRARet ITANP 59º 0 Talbot-Lago SUIRet 500NP BELNP3º27 Ferrari FRA2 RU1 ALE3 ITA2 ESP2 Maserati SUINP 500NP BELNP FRANP RUNP ALENP HOLNP ITA2 9º 6´5 Maserati ARX3 500DNP HOL3 BELRet FRA3 RU4 ALENP SUINP ITANP 6º 14´5 Ferrari ARX3 500NP BEL4 FRARet RU1 ALE2 SUI2 ITA3 ESPNP 2º 26´5 Ferrari ARX2 MONNP 500NP BELNP HOLNP RUNP ITANP 17º 2 Maserati ARXRet MONNP 500NP BELNP FRANP 60º 0 Vanwall RU Ret GERNP ITANP Ferrari ARX5 MONNP 500NP FRANP RUNP ALENP PESNP ITANP 21º 1 Ferrari ARX 10 MONNP 500NP HOLNP BELNP FRANP RUNP PORNP ITANP USANP 50º 0
Categoría:Nados en 1922 Categoría:Nados na provincia de Buenos Aires
Categoría:Finados en 2013
Categoría:Pilotos de Fórmula 1 da Arxentina
Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari