Yokkaichi (四日市市, よっかいちし, Yokkaichi-shi) é un concello da prefectura de Mie no Xapón. Está situado ao norte da prefectura, na área norte da provincia histórica de Ise, ao sur da rexión de Chūbu, ao oeste da rexión de Tōkai e ao leste da rexión de Kinki, no centro da illa de Honshū. Ten 205,53 km² de superficie, unha poboación de 307.875 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 1.500 h/km².
O concello de Yokkaichi limita cos concellos de Suzuka, Komono, Inabe, Tōin, Kuwana, Asahi, Kawagoe (que son da prefectura de Mie); e Kōka (este último é da prefectura de Shiga).
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Yokkaichi .
Categoría:Prefectura de Mie Categoría:Concellos do Xapón