A seimeira de Vilagocende é unha fervenza de caída libre no río da Porteliña, preto do lugar de Vilagocende, entre as parroquias de San Martín de Suarna e Cereixido (A Fonsagrada). Trátase dunha das fervenzas de maior caída das que hai en Galiza, cuns 50 metros de altitude.

Situación O río da Porteliña está na serra de Liñares. O curso fluvial envorca no río Lamas, que á súa vez desemboca no río Navia. O lugar está habilitado para as visitas, contando cunha pontella para chegar á base da fervenza. Ademais, na parte superior hai un miradoiro dende onde se olla perfectamente a freixa. Pola seimeira de Vilagocende atravesa polo menos unha ruta de sendeirismo. Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Vilagocende Categoría:A Fonsagrada