O tautosilabismo, homosilabismo ou isosilabismo (denominación que tamén se usa na análise poética) é o fenómeno que acontece cando varios fonemas ou sons se pronuncian na mesma sílaba. Para que haxa tautosilabismo, as dúas ou máis unidades fónicas non deben estar separadas por marxe silábica. O tautosilabismo pode darse como combinación entre varias unidades: entre dúas consoantes: v. grupo consonántico; entre consoante e vogal: é a sílaba normal en galego, e a vogal resulta ser o núcleo da sílaba entre dúas vogais: unha delas será núcleo silábico e a outra será semivogal (v. ditongo);

Categoría:Fonética