Publius Terentius Afer ou Terencio, foi un autor de comedias durante a república Romana. Descoñécese a data exacta do seu nacemento, pero segundo Suetonio, morreu no 169 a.C. á idade de trinta e cinco anos. As súas comedias estreáronse entre 170 e 160 a. C. Escribiu seis obras, conservándose todas elas. O seu predecesor no xénero, Plauto, escribira arredor de 130 obras, das cales se conservan vinte e unha.

Foi moi apreciado en Francia, sobre todo por Denis Diderot, que sinalou no seu teatro a presenza do drama burgués emocional e, en ocasións, case tráxico.Enciclopedia Galega Universal.

Traducidas á lingua galega, publicáronse A sogra e Os irmáns, nun único volume, o número 12 da colección Clásicos en Galego, editado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia.

Obra miniatura|esquerda|Clásicos en Galego. 12.Terencio: A sogra e Os irmáns. Andria (-166). Hecyra (A sogra, -165). Heautontimorumenos (O atormentador de si mesmo, -163). Eunuchus (-161). Phormio (-161). Adelphoe ou Adelphi (Os irmáns'' -160). Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Comedia Categoría:Dramaturgos da Roma Antiga Categoría:Libertos