Agolada é unha vila da parroquia de Ferreiroa, capital do concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza. Segundo o INE, no 2008 tiña 486 habitantes (244 homes e 242 mulleres), o que supón unha diminución de 126 habitantes con respecto ao ano 2000. Toponimia O topónimo Agolada procede do latín , combinando os lexemas ("auga") e mais , participio do verbo ("levar"), referido a "auga levada", debido ás conducións hídricas que traían auga doutros lugares, posiblemente en relación con actividades mineiras.

Patrimonio Os Pendellos da feira de Agolada son utilizados os días de feira. Neste lugar ten a súa sede a Banda Municipal de Agolada.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Ferreiroa

Parroquias de Agolada

Notas

Categoría:Lugares de Agolada