Miecislao I, en polaco Mieszko I, nado no ano 935 e finado o 25 de maio de 992, fillo de Siemomysł, foi o primeiro príncipe coñecido de Polonia. Traxectoria Gobernou entre 960 e 992. Converteu o país ao cristianismo e proclamouse Duque de Polonia (962). Comezou gobernando a tribo dos polanos occidentais, de onde provén o nome de Polonia, para ir conquerindo ao longo do seu reinado outras tribos, creando así o estado de Polonia sentando os alicerces do seu aparato administrativo. Cara 990 apoderouse dunha parte de Pomerania e de Silesia.

Casado con Dobrava de Bohemia, tiveron dous fillos:

Boleslao. Świętosława, casada en primeiras nupcias con Erik VIII de Suecia e en segundas con Svend I de Dinamarca.

Categoría:Reis de Polonia Categoría:Nados en 935 Categoría:Finados en 992