miniatura|Ó que se fai mel cómeno as moscas

A abella i a ovella en abril deixan a pelexa Eladio Rodríguez González, s. v. abella.. A abellariza e o coello, no monte vello. A auga enriba de mel sabe mal e fai ben Eladio Rodríguez González, s. v. auga.. A cera sobexa queima a igrexa Sobexo significa demasiado, excesivo. Eladio Rodríguez González, s. v. cera. A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mel e mosto Real Academia Galega 1913, s. v. agosto. No orixinal: chuva, non e chuva.Eladio Rodríguez González, s. v. agosto.. A ovella e a abella no maio deixan a pelexa. A ovella e a abella polo abril deixan a pelexa. A quen Dios quer ben, caille a sopa no mel. A quen se fai de mel, cómeno as moscas. Abella e ovella, e pedra que trebella. Abellas revoltas, tempestades ás voltas . Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo. Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo. Ano de abellas, ano de ovellas. Ano de enxames, ano de fames Eladio Rodríguez González, s. v. enxame.. Ano de ovellas, ano de abellas Real Academia Galega (1913-, s. v. ano.Eladio Rodríguez González, s. v. ano.. A quen con mel trata, algo se lle pega Eladio Rodríguez González, s. v. mel.. A todos lle gusta o mel, e a min tamén . Abella e ovella, e pedra que trebella . Abellas revoltas, tempestades ás voltas . Ano de enxames, ano de fames . As abellas da Madalena, Dios as trai e Dios as leva A Madalena celébrase o 22 de xullo. Eladio Rodríguez González, s. v. abella.. As moscas no verau comen o mel e comen o gando. Ás solteiras mel, ás casadas fel. Ata despois da vendimia non cáte-la entena. Ata lavar os galleiros non cáte-lo teu abelleiro. Ata pasada a vendimia non digas: “¡Eite a mel miña!”. Auga de agosto, azafrán, mel e mosto. Auga de agosto dá mel e mosto Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: da.. Auga de agosto, mel e mosto . Auga en agosto, azafrán, mel e mosto Real Academia Galega 1913, s. v. auga.. Cando chove en agosto, chove mel e mosto. Cando chove por agosto, chove mel e mosto Eladio Rodríguez González, s. v. chover.. Cando é moita a cera na igrexa está o abade de festa Eladio Rodríguez González, s. v. cera.. Canto máis doce é o mel, máis zugan as abellas nel Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: avellas, nél.. Chuvia polo agosto é mel e mosto Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.. Con mel cóllense as moscas . De Dios vén o ben e das abellas o mel. Debaixo de mel hai moitas veces fel Eladio Rodríguez González, s. v. mel, s. v. debaixo.. Despois das uvas e mel sabe mal o viño, pero fai ben. En abellas e en ovellas nunca metas o que teñas. En abril morre a fraca; a colmea, non a vaca Aníbal Otero Álvarez (1977).. En agosto chove mel e mosto. En pombas e en abellas nunca metas o que teñas. En xaneiro xa a abella pon os pés no salgueiro. Enxame de maio vale un bo cabalo . Enxame probe, no inverno nace e no maio morre . Enxame probe, se do inverno sale no maio morre . Enxamio pobre, se do inverno sae, en maio morre. Esta nosa filla non dá tino a naide; nin é mel, nin fel, nin vinagre Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.. Facédevos mel, e comeranvos as moscas . Máis moscas se pillan con mel ca con fel. Máis moscas xunta covo de mel que ola de vinagre . Máis moscas xunta entena de mel que ola de vinagre. Máis val pan con mel que pan sin el Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: él. Marzo marzán, cara de can; a mediodía enxamea a colmea e a noite morre a abella Elixio Rivas Quintas (1978).. Marzo, marzán, pola maña cara de can, a medio día zoa a abella e á noite mata a vella. Miguel, Miguel, non tes abellas e mais vendes mel Elixio Rivas Quintas (1988). No orixinal: nâo, abelhas.. Moscas comen o mel i o gando. Non é o mel pra boca do burro . Non está feito o mel prá boca do burro. Non hai máis cera ca que arde. Non hai mel sin fel . Non se fixo o mel pró fuciño do porco . Non sea tanta a cera que prenda lume .

O enxame de abril, pra min; o de maio, pra meu amo, i o de San Xoán, pro can . Ó porco teixo non o quer San Antón porque arrouba a cera de alumear ó Señor. Ó que ha de morrer ás escuras non lle importa ser cereiro. O que mata unha abella ten cen anos de pena . O que mata unha abella, ten cen anos de pena; o que mate un abellón ten cen anos de perdón. O que rico quer ser, catro cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer. O que rico quer ser, istas cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer. Ó que se fai mel cómeno as moscas. Ó que se volve mel, cómeno as moscas . O que ten moito mel, cómeo con pan, cómeo sin el, ou cómeo como quer Eladio Rodríguez González, s. v. mel. No orixinal: tèn, él.. O viño con mel sabe mal e fai ben Eladio Rodríguez González, s. v. viño.. Ofrece-lo pez, que a cera vai cara. Os recíos de agosto son mel e mosto . Ovella e abella, e pedra que trebella, e péndola tras da orella, cobizaba pró seu fillo a vella. Ovella vella e enxamio probe, no maio morre. Ovella, abella, pedra que trebella e péndola tras da orella, cobizaba para o seu fillo a vella. Ovella, abella, pedra que trebella, partes na igrexa e péndola tras da orella, deseaba para o seu fillo a vella. Ovellas e abellas nas túas devesas e non nas alleas. Ovellas, abellas e lentellas, todas son consellas. Polo San Miguel están as uvas o mesmo que mel Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel.. Polo San Miguel sabe o touciño a mel . Prá boca do burro non se fixo o mel. Quen anda co mel chúpase os dedos . Quen anda co mel sempre se lle apega algo del . Quen con mel trata, ben sabe o que é doce . Quen rico ser queira, estas cousas ha de ter: ovella e abella e a pedra que terbella, egua parideira e muller goberneira. Quen se fai de mel, cómeno as moscas . Quen todo é mel, cómeno as abellas . San Pedro por unha abella matounas todas. Sancristán que vende cera e non ten colmea, que o digan as velas da eirexa. Se queres mel, por San Miguel. Se queres ter abellas mira por elas nas Candeas, e se queres ter mel mira polo san MiguelAs Candeas ou a Candelaria é o 2 de febreiro; e san Miguel, o 29 de setembro. Se queres ter abellas míraas polas Candeas, e se queres ter mel míraas polo san Miguel . Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra A vela fai referencia ós cirios que se poñen rodeando ó cadaleito. Se te roi un alacrán, busca a cera e mais o pan, e se te roi a adelouciña, búscaos aínda máis axiña. Se tivéra-la túa casa a arder, a túa muller a morrer, e no teu cu un abelleiro, ¿a quen acodirías primeiro? Todos ó mel e todos ó fel É dicir, hai que andar ás duras e ás maduras. Elixio Rivas Quintas (1978).. Unha mala abella revolve un cobo . Unha mala abella revolve unha colmea . Unha mestra pra moitas abellas e un pastor pra moitas ovellas . Unto de porco e mel das abellas fervidos en viño e ... ¡fóra catarreira! Vinagre e mel saben mal e fan ben Eladio Rodríguez González, s. v. vinagre..

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

abella Categoría:Abellas