Alberto Javier Amado, máis coñecido como Kogote, nado en Madrid en abril de 1972, é un músico español. É coñecido por ser o teclista do grupo ska punk Ska-P.
Traxectoria Nado no barrio de La Latina e criado no de Carabanchel (Madrid), Kogote comeza a se interesar pola música aos 12 anos tocando un vello teclado de seu pai. No instituto forma parte de distintos grupos. Cun deles, Akrópolis, gaña o primeiro premio dun concurso que organiza o parque de atraccións de Madrid. En 1990, conxuntamente co vocalista, forma Fuera de Lugar, chegando a gravar un disco de estudo. Tras diversas mudanzas na formación decide abandonar o grupo e a música de xeiro temporal. Despois de dous anos traballando reúne os cartos necesarios para mercar o seu primeiro teclado profesional, co que debutará tocando en distintas vodas e banquetes. Máis tarde, amais de realizar distintos traballos, continúa a tocar con diferentes bandas de distintos xéneros musicais: heavy, rock, pop, hip hop, rap... sendo o nexo común o carácter reivindicativo de todos eles.
En 1993, en resposta a un anuncio nun local de ensaio no que se solicita un teclista, Kogote ponse en contacto cos membros iniciais da aínda non fundada banda Ska-P.
Discografía Con Ska-P *El vals del obrero(1996)*Eurosis(1998)*Planeta Eskoria(2000)*¡¡Que corra la voz!!(2002)*Incontrolable(2003)En directo*Lágrimas y gozos(2008)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Kogote en ska-p.com
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Músicos de España Categoría:Personalidades do rock