A Ponte 25 de Abril é unha ponte colgante rodo-ferroviaria que se alza sobre o estuario do río Texo, na área metropolitana de Lisboa (Portugal). Oficialmente designado no seu día como Ponte Salazar, por ter sido mandado construír por Salazar en 1960, mudou a súa denominación pola actual trala Revolución do 25 de abril de 1974, que restaurou a democracia en Portugal.

Descrición A construción, de aceiro, esténdese por case 2 km., e conecta o sur, Almada, co norte de Lisboa. A parte inferior foi renovada para albergar vías de tren. Os atascos frecuentes da ponte solucionáronse parcialmente coa construción da Ponte Vasco da Gama, de 17 km, que atravesa o río Texo de Montijo a Sacavém, ao norte do Parque das Nações e que foi rematada en 1998.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Ponte Salazar sobre o rio Tejo em Lisboa - 1966 (sobre a construción da ponte en 1960)

25 de abril Categoría:Urbanismo de Lisboa 25 de abril