thumb|left|Fábrica de aluminio da Alcoa en Reydarfjördur. A economía da Islandia é de tipo capitalista, semellante á doutros países escandinavos, con presenza dun estado do benestar social. Modesta en tamaño, depende en gran parte da pesca e industria relacionada, que responden de case o 70% das exportacións.

Ademais dos produtos de orixe mariña, outras produtos importantes na exportación son aluminio, ferro-silicio, equipamentos para pesca e procesamento de produtos marítimos e la. O comercio exterior desempeña un papel importante na economía da Islandia. Exportacións e importación equivalen, cada unha, a un terzo do PIB. A maior parte das exportacións é para os Estados Unidos, destacando tamén o Xapón. Cos seus volcáns, o país ten gran potencial de enerxía xeotérmica.

Antes da crise de 2008 o país tiña baixo desemprego, equilibrada distribución de renda e un forte crecemento.. Despois da crise, as prioridades do goberno centráronse en estabilizar o valor da coroa islandesa, conter o déficit orzamentario, reestruturar o sector financeiro, conter a inflación e diversificar a economía.

Notas

Véxase tamén