Para ter información do explosivo ver o artigo: Goma-2

Goma 2 foi un grupo galego de rock da década de 1970.

Membros *Ramón ChouzaVoz e guitarra*Samuel DonsiónGuitarra, gaita*Gerardo GonzálezTeclado*Manuel UhíaBaixo*Carlos CarballaBatería

Historia Goma 2 nace en Portonovo, inicialmente co nome de Os Vieiras como grupo de gaitas, e despois chamáronse Brebaxe como grupo de verbenas, a mediados dos anos 70. Os seus inicios estiveron caracterizados por ser abreconcertos de Miguel Ríos en Ponteareas e de Triana en Pontevedra e Noia, así como por encabezar o cartel do Porto Rock Novo.

En 1979 trasládanse a Madrid e gravan o seu único álbum, Goma 2. Este disco, integramente en galego, pódese considerar histórico xa é un dos que marca o inicio do rock galego, comezando a usar a gaita combinada con guitarras eléctricas para facer rock.

Pouco despois e por diversos motivos (servizo militar dos integrantes, discrepancias coa discográfica...) o grupo disolveríase.

Discografía Goma 2 (1979)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina con información sobre o grupo

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos de rock en galego