Twilight é un filme de vampiros dirixido por Catherine Hardwicke e baseado na exitosa novela homónima, escrita por Stephenie Meyer. A produción comezou en febreiro de 2008 e foi estreada o 21 de novembro nos EUA e o 5 de decembro en España. Crepúsculo é a primeira parte dunha serie, á que lle seguen New Moon, Eclipse e Breaking Dawn, todas da autoría de Meyer. A rodaxe concluíu o 2 de maio de 2008. Nas súas primeiras dúas semanas nas salas de cinema, recadou máis de 150 millóns de dólares.
Sinopse Historia de amor entre un vampiro e unha rapaza adolescente. Bella Swan (Kristen Stewart) sempre foi unha moza moi diferente dos seus compañeiros do instituto de Phoenix. Cando a súa nai volveu casar, Bella decide ir vivir co seu pai á pequena e chuviosa cidade de Forks (Washington) para que súa nai poida viaxar coa súa actual parella, Phil, xa que é xogador de béisbol profesional. Para ela a cidade non ten nada que lle cause interese, pero entón coñece ó misterioso e afouto Edward Cullen (Robert Pattinson), un rapaz distinto ós demais.
Personaxes Principais Kristen Stewart como Bella Swan: Adolescente de dezasete anos que se muda a Forks e que se namora do vampiro Edward Cullen. Ámbolos dous senten unha paixón que non poden evitar. Namóranse incondicional e irrevocablemente. Robert Pattinson como Edward Cullen: vampiro desde 1918, debido a unha epidemia de gripe española, coa aparencia dun adolescente de dezasete anos. Foi o primeiro en formar parte da familia e é o único capaz de ler as mentes dos demais agás a de Bella.
Secundarios Peter Facinelli como Carlisle Cullen: vampiro líder e figura paterna da familia Cullen, traballa como médico no hospital de Forks debido ós seus seiscentos anos de preparamento contra a tentación do sangue humano. Elizabeth Reaser como Esme Cullen Ashley Greene como Alice Cullen Kellan Lutz como Emmett Cullen Nikki Reed como Rosalie Hale Jackson Rathbone como Jasper Hale Billy Burke como Charlie Swan Cam Gigandet como James Witherdale Rachelle Lefevre como Victoria Sutherland Edi Gathegi como Laurent Da Revin Sarah Clarke como Renée Dwyer Taylor Lautner como Jacob Black Christian Serratos como Angela Weber Michael Welch como Mike Newton Anna Kendrick como Jessica Stanley Gregory Tyree Boyce como Tyler Crowley Justin Chon como Eric Yorkie
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en AllMovie
Categoría:Twilight Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Catherine Hardwicke Categoría:Filmes de Summit Entertainment Categoría:Filmes de Temple Hill Entertainment Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Oregón Categoría:Filmes rodados no estado de Washington Categoría:Filmes de vampiros