Yatsushiro (八代市, やつしろし, Yatsushiro-shi) é un concello e cidade da prefectura de Kumamoto no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kyūshū e ao centro-sur da prefectura, na illa de Kyūshū. Ten 680,59 km² de superficie, unha poboación de 133.280 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 196 h/km². Yatsushiro é a cidade importante da parte sur da prefectura.
O concello de Yatsushiro limita cos concellos de Hikawa, Uki, Misato, Yamato, Mizukami, Itsuki, Yamae, Kuma, Ashikita (que son da prefectura de Kumamoto); e Shība (este último é da prefectura de Miyazaki).
Personaxes de sona Yui Natsukawa (夏川 結衣, なつかわ ゆい, 1968 - ) - Actriz.
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Yatsushiro .
Categoría:Prefectura de Kumamoto Categoría:Concellos do Xapón