Goshogawara (五所川原市, ごしょがわらし, Goshogawara-shi) é un concello da prefectura de Aomori no Xapón. Está situado ó norte da rexión de Tōhoku e ó noroeste da prefectura, no norte da illa de Honshū. Ten 404,56 km² de superficie, unha poboación de 59.891 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 148 h/km².

O concello de Goshogawara limita cos concellos de Nakadomari, Sotogahama, Imabetsu, Tsugaru, Yomogida, Tsuruta, Itayanagi e Aomori.

Historia No ano 1889 os concellos de aldeas de Goshogawara, Sakae, Nakagawa, Miyoshi, Nagahashi, Matsushima e Iizume foron findado dentro do distrito de Kitatsugaru. No ano 1898 o concello da aldea de Goshogawara converteuse nun concello de vila. No ano 1954 o concello da cidade de Goshogawara foi fundado pola fusión do concello da vila de Goshogawara e dos concellos de aldeas de Sakae, Nakagawa, Miyoshi, Nagahashi, Matsushima e Iizume. No ano 2005 a nova cidade de Goshogawara foi fundada pola fusión da antiga Goshogawara e do concello da vila de Kanagi e do concello da aldea de Shiura do distrito de Kitatsugaru.

Personaxes de sona Osamu Dazai (太宰 治) - Escritor

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Goshogawara .

Categoría:Prefectura de Aomori Categoría:Concellos do Xapón