O Casal é un lugar da parroquia de Brántega, no concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza que linda coa parroquia de Val de Sangorza. Segundo o INE en 2008 tiña oito habitantes (catro homes e catro mulleres), cinco menos ca en 2000.

Nesta aldea está a capela privada de San Miguel, pertencente á familia Vázquez, ademais de dous cruceiros, un da mencionada familia e outro próximo á ermida. Na contorna hai numerosas sobreiras a maioría en proceso de secar.

Zona de grande importancia micolóxica, aínda que diminuíndo ultimamente debido aos constantes incendios de todos os anos.

Lugares e parroquias Lugares de Brántega

Parroquias de Agolada

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Agolada

Categoría:Lugares de Agolada