Dan Brown, nado en Nova Hampshire o 22 de febreiro de 1964, é un escritor norteamericano.

Traxectoria Graduado pola Phillips Exeter Academy, onde o seu pai era profesor de matemáticas, completou os seus estudos no Amherst College, antes de regresar a Phillips Exeter como profesor de inglés.

En 1997, o seu interese polos códigos e os servizos secretos nacionais levouno a escribir a súa primeira novela,Digital Fortress ("A fortaleza dixital"), convertida nun éxito de vendas nos Estados Unidos. A relación entre a ciencia e a relixión serviu de inspiración á súa segunda novela Anxos e demos.

As súas novelas de suspense están protagonizadas polo profesor de simboloxía, Robert Langdon. Dan Brown pasou moito tempo no Museo do Louvre recollendo documentación que incluíu en O código Da Vinci, a súa novela máis famosa, e tamén a máis controvertida, xa que cuestiona algúns principios da Igrexa Católica.

As súas novelas traducíronse a máis de 30 linguas.

Obras Digital Fortress (1997) Anxos e Demos (2000) - (Angels and Demons, tradución ao galego 2005) Deception Point (2001) O código Da Vinci (2003) - (The Da Vinci Code, tradución ao galego 2004) O símbolo perdido (2009) - (The Lost Symbol, tradución ao galego 2009) Inferno (2013) Origin (2017)

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial do autor

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Nova Hampshire