dereita|miniatura|300px|Mapa esquemático do Randstad. O Randstad (do neerlandés rand: beira e stad: cidade) é o nome que recibe a maior conurbación dos Países Baixos, á súa vez unha das maiores de Europa.

Hai que distinguir entre a rexión metropolitana de Randstad, cunha poboación ao redor dos 6,5 millóns de habitantes (40% do total dos Países Baixos), e a Rexión de Randstad, (unha asociación socio-económica) que reúne uns 7,6 millóns de habitantes (case a metade da poboación do país).

Ambas as entidades esténdense polas provincias de Holanda Meridional, Holanda Setentrional, Utrecht e Flevoland.

Xeografía do Randstad O Randstad está formado por unha cadea de cidades e aglomeracións urbanas que se estende polo oeste dos Países Baixos dende o centro xeográfico até a costa do Mar do Norte. A cadea forma unha especie de anel, en cuxo centro se sitúa a área relativamente despoboada e rural coñecida localmente como "Corazón Verde" (en neerlandés Groene Hart).

Dita conurbación inclúe as cidades principais de Almere, Amersfoort, Ámsterdan, Delft, Dordrecht, Gouda, Haarlem, Leiden, Rotterdam, A Haia, Utrecht e Zoetermeer, e as cidades e pobos secundarios de Alphen aan dean Rijn, Amstelveen, Capelle aan dean Ijssel, Hoofddorp, Leidschendam, Nieuwegein, Purmerend, Rijswijk, Schiedam, Spijkenisse, Vlaardingen, Voorburg e Zaanstad.

O Randstad divídese en dúas áreas principais:

O "á norte" (en neerlandés Noordvleugel) inclúe a área metropolitana de Ámsterdan. Algúns especialistas inclúen tamén a área metropolitana de Utrecht. O "á sur" (en neerlandés Zuidvleugel) inclúe a área metropolitana de Rotterdam.

O conflito entre grandes e pequenas cidades do Randstad As cidades maiores do Randstad (Ámsterdan, Rotterdam, A Haia e Utrecht) son os centros comerciais, administrativos, de infraestruturas, económicos e de lecer do Randstad, mentres que as poboacións menores adoitan ser cidades dormitorio. Isto xera un conflito de intereses: as grandes desexan espazo para poder ampliarse e rebaixar a presión dos miles de cidadáns que entran nelas todos os días para traballar; as pequenas, pola súa banda, non desexan masificarse e queren manter unha identidade separada.

Outro tema de discusión no plan do Randstad é o Groene Hart, ou Corazón Verde, que prevé unha reserva de espazo verde no centro do anel de cidades, aproveitando así as zonas onde é máis difícil construír debido á pouca firmeza do chan. Con todo, o desenvolvemento do aeroporto de Schiphol e a actividade agraria industrializada deixaron este corazón verde irrecoñecíbel.

Rexión metropolitana A rexión metropolitana de Randstad esténdese por unha superficie de 5.129 km² e conta cunha poboación de 6,55 millóns de habitantes, polo que ten unha densidade de poboación de 1.277 hab/km².

Componse das cidades principais de Ámsterdan, Rotterdam, A Haia e Utrecht e de 116 pequenas cidades e municipios contiguos (entre as que destacan as cidades de Almere, Amersfoort, Haarlem e Zaanstad), como se mostra na táboa seguinte.

RexiónPoboaciónSuperficie (en km²)Habitantes 25 px Países Baixos 25px25px|border Holanda SetentrionalÁmsterdan 219,44 758.127Waterland 115,64 17.267Edam-Volendam 24,78 28.459Landsmeer 26,49 10.301Purmerend 24,56 77.922Oostzaan 16,13 9.200Zaanstad 83,04 140.270Wormerland 45,14 15.796Uitgeest 22,31 11.915Castricum 59,92 35.020Heiloo 18,99 22.123Alkmaar 31,22 94.455Langedijk 26,99 25.931Bergen 119,83 13.612Heerhugowaard 39,97 49.444Heemskerk 31,73 37.423Beverwijk 20,38 36.546Velsen 63,03 67.678Bloemendaal 43,29 16.974Haarlem 32,12 147.015Zandvoort 44,34 16.651Haarlemmerliede en Spaarnwoude 21,08 5.489Heemstede 9,64 25.650Bennebroek 1,79 5.131Haarlemmermeer 185,28 135.136Aalsmeer 32,24 24.145Uithoorn 19,49 26.844Amstelveen 44,05 78.774Ouder-Amstel 25,81 13.142Diemen 14,03 23.834Muiden 36,51 6.645Weesp 21,88 17.533Naarden 32,89 17.104Bussum 8,11 31.237Huizen 23,28 42.091Blaricum 15,58 9.114Hilversum 46,24 83.652Laren 12,39 11.005Wijdemeren 76,55 23.43525px|border Provincia de UtrechtAbcoude 32,11 8.670De Ronde Venen 84,80 34.535Loenen 27,32 8.296Breukelen 48,65 14.571Maarssen 30,86 39.563Woerden 92,89 47.912Oudewater 40,16 9.941Montfoort 38,22 13.506IJsselstein 21,62 33.976Utrecht 99,32 280.949Nieuwegein 25,68 61.605Vianen 42,37 19.694Houten 58,98 44.499Bunnik 37,57 14.234Utrechste Heuvelrug 134,10 48.957Zeist 48,64 60.369De Bilt 67,10 42.037Baarn 33,03 24.513Soest 46,45 45.217Amersfoort 63,78 136.999Eemnes 33,67 8.859Bunschoten 34,88 19.468Leusden 58,94 28.88925px|border Holanda Meridional Rotterdam 304,24 588.697Schiedam 19,89 75.389Spijkenisse 30,23 74.506Vlaardingen 26,71 72.553Rozenburg 6,37 12.843Maasluis 9,10 31.956Midden-Delfland 49,38 17.435Westland 90,59 98.328A Haia 85,65 475.627Delft 26,31 95.090Rijswijk 14,48 47.152Leidschendam-Voorburg 35,60 73.111Wassenaar 62,50 25.622Voorschoten 11,59 22.887Leiden 23,16 118.069Leiderdorp 12,29 25.990Katwijk 31,06 60.932Oegstgeest 7,75 21.891Noordwijk 51,53 24.673Noordwijkerhout 23,40 15.166Teylingen 33,63 34.683Lisse 16,11 21.877Hillegom 13,48 20.317Alkemade 30,91 14.512Jacobswoude 41,37 10.797Nieuwkoop 38,50 26.882Alphen aan der Rijn 57,68 70.955Bodegraven 38,50 19.361Reeuwijk 50,11 12.756Boskoop 16,96 15.311Rijnwoude 57,85 18.863Zoeterwoude 21,91 8.501Zoetermeer 37,06 116.979Pijnacker-Nootdorp 38,60 41.695Lansingerland 56,00 46.021Zevenhuizen-Moerkapelle 31,10 10.325Waddinxveen 29,39 26.062Gouda 18,10 71.386Moordrecht 12,73 8.095Nieuwerkerk aan den IJsel 18,47 22.140Capelle aan den IJsel 15,42 65.602Ouderkerk 28,53 8.105Krimpen aan den IJsel 8,93 28.783Ridderkerk 25,10 44.757Alblasserdam 9,96 18.428Hendrik-Ido-Ambacht 11,99 24.458Papendrecht 10,77 31.553Sliedrecht 14,00 23.801Hardinxveld-Giessendam 19,35 17.775Dordrecht 99,45 118.821Zwijndrecht 22,77 44.588Barendrecht 21,72 41.249Albrandswaard 23,75 21.059Oud-Beijerland 19,61 23.899Brielle 31,12 15.99025px|border Flevoland Almere 248,77 178.466TOTAL 5.128,85 6.547.070 (1) - Datos do 1 de xaneiro de 2006, tomados do informe estatístico de poboación

Rexión económica A rexión de Randstad é unha rexión socio-económica situada no corazón dos Países Baixos. Está baseada na rexión metropolitana de Randstad e ten como fins a promoción e o desenvolvemento económico, cultural, científico e turístico da rexión.

As partes integrantes desta rexión son as provincias de Holanda Setentrional, Holanda Meridional, Utrecht e Flevoland. En total fálase dunha rexión con 7,62 millóns de habitantes, nunha área de 11.357 km², repartidos como se indica na táboa seguinte.

RexiónSuperficie (en km²)Poboación(2) 20px Países Baixos 20px 25px|border Holanda Setentrional 4.091,77 2.606.584 25px|border Holanda Meridional 3.403,38 3.458.875 25px|border Provincia de Utrecht 1.449,12 1.180.039 25px|border Flevoland 2.412,3 370.656 Total 11.356,57 7.616.154 (2) - Datos do 1 de xaneiro de 2006, tomados do informe estatístico de poboación

Ligazóns externas Sitio Web Oficial (en inglés e holandés)

Categoría:Xeografía dos Países Baixos Categoría:Áreas metropolitanas