thumb|left|230px|Ulan Bator. A economía de Mongolia está baseada na produción agro-pastoril, cun 90% das exportacións constituídas por animais e derivados, pero moi limitada pola distancia de Mongolia ao mar, e polas precarias estradas sen infraestruturas.
A gran dependencia de axuda estranxeira levou ao país a unha preparación inadecuada para os rigorosos invernos, e houbo grandes perdas de animais, o que empobreceu a moitos. A axuda soviética, que chegaba a case 1/3 do PIB desapareceu case do día para a noite en 1990 e 1991, ano do fin da URSS. A mudanza da economía planificada e dependente da URSS cara a unha economía de mercado foi traumática. Na década seguinte o país afrontou unha profunda recesión debido á inactividade económica e aos desastres naturais, e posteriormente un crecemento económico debido ás amplas reformas económicas, con adopción do libre mercado e privatizacións. A pesar diso, case un terzo da poboación vive en extrema pobreza, e a economía continúa atrasada.
Medio ambiente Como resultado da rápida urbanización, e as políticas de crecemento industrial baixo o réxime socialista, a deterioración do medio ambiente converteuse nunha das principais preocupacións. A queima de carbón xunto coas miles de fábricas en Ulan Bator tiveron como resultado unha severa polución do aire. A deforestación, o exceso de pastos e os esforzos para incrementar a produción de cereais e pasto mediante o arado de máis terra virxe, incrementou os efectos da erosión do vento e a choiva.
Notas
Mongolia Categoría:Mongolia