Václav Klaus, nado en Praga o 19 de xuño de 1941, é un político da República Checa, presidente do seu país dende o 28 de febreiro de 2003. Anteriormente fora primeiro ministro (1992-1998). Pertence ao Partido Democrático Cívico.
Graduado en económicas pola Universidade de Praga en 1963, completou os seus estudos en universidades de Italia e os Estados Unidos. Traballou na Academia de Ciencias Checoslovaca e en 1970 pasou ao Banco de Checoslovaquia.
Categoría:Presidentes da República Checa Categoría:Primeiros ministros da República Checa Categoría:Nados en Praga Categoría:Nados en 1941 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Cardeal Stefan Wyszyński en Varsovia