Pau Casals i Defilló, nado en El Vendrell (Tarragona) o 29 de decembro de 1876 e finado en San Xoán de Porto Rico o 22 de outubro de 1973, foi un compositor e músico catalán. Durante a súa carreira foi coñecido como Pablo CasalsHonors To Be Conferred On English Composers: Series of Concerts Devoted to modern Englishmen to be Given in London , New York Times, 1911-04-09, o seu nome legal e co que asinaba.

Pola súa recoñecida actividade como director e compositor, Casals é considerado un dos mellores violonchelistas de todos os tempos. O columnista sociopolítico e economista David P. Goldman designou a Casals como o mellor músico clásico do século XX.

Unha das súas composicións máis soadas é o "Himno das Nacións Unidas", coñecido como o "Himno da Paz", composto mentres residía na súa segunda patria, Porto Rico (onde nacera e se criara a súa nai), e onde tamén residían outros españois de sona internacional, tales como Juan Ramón Jiménez e Francisco Ayala.

Alén da súa obra musical, Pau Casals destacou en todo o mundo polo seu activismo na defensa da paz, a democracia, a liberdade e os dereitos humanos, que lle valeron prestixiosas condecoracións; e mesmo ser nomeado ao Premio Nobel da Paz. Casals tamén manifestou publicamente a súa oposición ao réxime franquista e o seu desexo de ver unha Cataluña independente ou cun alto grao de autonomíaCapítulo V das súas memorias, ditadas orixinariamente en francés a Albert E. Kahn e traducidas ao catalán como Joia i Tristor..

Traxectoria Os seus inicios Pau Casals naceu o 29 de decembro de 1876 no número 2 da rúa Santa Ana, na localidade de El Vendrell (Cataluña), fillo do músico catalán Carles Casals, que daquela era organista e director do coro da localidade do Baix Penedès, e de Pilar Defilló, nada en Mayagüez (Porto Rico), país ao que marcharan seus pais a traballar. Aos cinco anos xa estudaba piano, frauta e violín grazas a seu pai, que era músico. En 1882 realizou a súa primeira actuación musical, no coro da igraxa de El Vendrell e realizou a súa primeira composición: un agasallo para o seu padriño o día do seu santo. En 1883, coa axuda de seu pai, compuxo unha partitura para unha representación de Els Pastorets.

En 1885 queda impactado pola actuación dos pallasos Los Tres Bemoles, un dos cales tocaba comicamente unha pipa enorme en forma de violonchelo. Casals nunca vira un instrumento de corda que se tocara nesa posición e, xunto co recital de violonchelo que o profesor Garcia de Barcelona ofreceu no Centre Catòlic del Vendrell, fixeron que Pau Casals tomara unha decisión sobre a súa vocación: sería violonchelista. Tralo recital do profesor Garcia, pediulle a seus pais un violonchelo, aínda que non llo compraron porque tiña moitos instrumentos. Porén, ao ver a ilusión que lle facía, un veciño construíulle un cunha cabaza, logo púxolle unhas cordas e finalmente unha capa de pintura.

Estudos en Barcelona 250px|miniatura|right|Edificio da Escola Municipal de Música de Barcelona, onde Casals realizou os seus primeiros estudos. Matriculado na Escola Municipal de Música de Barcelona, alóxase na casa duns parentes para poder asistir con regularidade á escola. Estudou violonchelo baixo a dirección de Josep Garcia e con Josep Rodoreda como profesor de composición.

Grazas aos seus coñecementos musicais previos, Casals aprende con poita rapidez, mais sen adaptarse ao xeito convencional de tocar o violonchelo, cousa que fixo que desenvolvera un estilo propio.

En 1889 comezou a tocar no Cafè Tost de Barcelona sete días á semana, tres horas cada noite, por 4 pesetas. Ao ano seguinte, o propietario do Cafè Tost introduciu a Casals no mundo musical e cultural barcelonés. Aos 14 anos descubriu unha edición das "Seis Suites para Violonchelo" de Johann Sebastian Bach nunha librería de Barcelona, converténdose o compositor alemán no seu ídolo e as sinterpretacións das súas suites por parte do violonchelista catalán concedéronlle recoñecemento mundial.

O 23 de febreiro de 1891 participu nun concerto benéfico no Teatre Novedades de Barcelona, e ese mesmo ano coñeceu ao compositor Enrique Granados, co que comezou unha longa amizade. Tamén comezou a traballar en La Pajarera, un café situado na praza de Cataluña, con actuacións cada noite cun trío e que pasaría a formar parte do chamado Sexteto de la Pajarera.

En 1893 graduouse con honras na Escola Municipal de Música de Barcelona.

Traslado a Madrid En 1893 trasladouse coa súa nai e os seus irmáns a vivir a Madrid, onde inicia a súa segunda etapa de formación no Conservatorio de Música e Declamación con Jesús de Monasterio como profesor de música de cámara. Ese mesmo ano recibiu por parte da raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena unha bolsa mensual de 250 pesetas, que foi retirada pola mesma María Cristina en 1895.

Bruxelas e París O 14 de febreiro de 1895 foi nomeado Caballero de la Real Orden de Isabel la Católica, e ese mesmo ano presentouse ás probas de acceso ao Conservatorio de Música de Bruxelas cunha carta de recomendación para François Gavaërt, director do Conservatorio. Unha vez pasadas as probas, Casals viaxou a Bruxelas para estudar con Edouard Jacobs no Conservatorio, mais tras un incidente co profesor, decide irse a París. A raíña María Cristina retiroulle a pensión e, tras días difíciles na capital francesa, decide regresar a Barcelona.

O regreso a Barcelona, o Casals profesor e concertista En maio de 1896 entra como profesor na Escola Municipal de Música de Barcelona e uns meses máis tarde, en novembro é nomeado profesor de violonchelo do Convervatori del Liceu, entrando a formar parte tamén da Grande orquestra do Teatre del Liceu. Nesa época comezou a realizar concertos en pequenas sociedades en Barcelona.

En 1897 Camille Saint-Saëns coincidiu con el en Barcelona. Ese mesmo ano forma o "Cuarteto Crickboom" cos violinistas Mathieu Crickboom e Josep Rocabruna, e o viola Rafael Gálvez. Realiza unha xira por España con Enrique Granados e Mathieu Crickboom, obtendo posteriormente un agasallo da raíña María Cristina: un zafiro azul e un violonchelo novo.

En 1899 trasladouse a París, instalándose en casa da cantante estadounidense Emma Nevada e Raymond Palmer, viaxando posteriormente a Londres con Nevada e o pianista Léon Moreau. En 1899 debutou en Londres no Crystal Palace e en agosto actuou nun concerto privado ante a raíña Vitoria do Reino Unido. miniatura|Pau Casals, Ramon Casas (MNAC)

Xiras americanas e europeas En 1900 instálase na cidade de París, onde comeza a tocar co pianista Harold Bauer. En 1901 realizou unha viaxe aos Estados Unidos coa cantante Emma Nevada, o pianista Léon Moreau e o frautista Daniel Marquesi. O mesmo ano iniciou a súa primeira xira polos Estados Unidos na localidade de Worcester, situada no estat de Massachusetts, que durou ata o verán de 1902. Nun concerto realizado en San Francisco sufriu un accidente que lle obrigou a retirarse da xira e a aloxarse na casa de Michail Stein. En 1902 foille concedida a Gran Cruz de Caballero de la Real Orden de Carlos III pola raíña rexente María Cristina.

En 1903 iniciou a súa primeira xira por Suramérica, e en 1904 realizou a súa segunda viaxe aos Estados Unidos, desta vez para actuar de solista, sendo o máis importante o 15 de xaneiro, cando o violonchelista catalán actuou por primeira vez na Casa Branca convidado para a realización dun concerto privado polo presidente dos Estados Unidos Theodore Roosevelt.

En 1905 iniciou unha relación sentimental coa violonchelista portuguesa Guilhermina Suggia, relación que finalizaría sete anos despois. Ese mesmo ano realizou a súa primeira viaxe a Rusia, actuando no Salón da Nobreza de San Petersburgo. En 1906 fundou o Trío Cortot-Thibaud-Casals que debutou na localidade de Lille (Francia), xunto ao violinista Jacques Thibaud e o pianista Alfred Cortot, trío que chegaría a ser un dos máis prestixiosos do mundo. En 1908 falece seu pai e o 20 de outubro do ano seguinte foi convidado para tocar na Classical Concert Society de Londres, feito que lle permitiu viaxar posteriormente a Inglaterra cada ano para realizar diversos concertos.

En marzo de 1914 embarcouse novamente a Nova York, e o 4 de abril casou coa soprano estadounidense Susan Metcalfe en New Rochelle (Nova York) e inician xuntos unha xira polos Estados Unidos. Ese mesmo ano realizou o seu primeiro concerto no Metropolitan Opera House de Nova York o 13 de decembro, interpretando o Concerto para violonchelo de Camille Saint-Saëns e o Kol Nidrei de Max Bruch coa Orquestra da Ópera dirixida por Richard Hageman. Ao ano seguinte realiza as súas primeiras gravacións para a Columbia Gramophone Company. En maio de 1916 organizou un concerto benéfico, novamente no Metropolitan, adicado aos fillos de Enrique Granados, que falecera o mes anterior no naufraxio do Sussex na Canle da Mancha torpedeado pola armada alemá no transcurso da primeira guerra mundial, no concerto estivo acompañado por Paderewski e Fritz Kreisler.

O 10 de xaneiro de 1919 actuou na Cidade de México coa Orquestra Sinfónica da Cidade baixo a dirección de Josep Rocabruna, iniciando unha xira de tres semanas por México. Ese mesmo ano trasladouse novamente a Barcelona.

Regreso a Barcelona e Orquestra Pau Casals miniatura|Estatua en conmemoración do centenario do nacemento de Pau Casals en Montserrat

En 1919 instalouse no número 440 da Avenida Diagonal, xunto ao Paseo de Gràcia (Barcelona), coa idea de crear a Orquestra Pau Casals, coa axuda do seu irmán amb Enric Casals como primeiro violín, Enric Ainaud Sánchez como primeiro violín adxunto e Bonaventura Dini como primeiro violonchelo. En 1920, con outros prestixiosos músicos como Alfred Cortot e Jacques Thibaud, crea a École Normale de Musique de París, onde cada verán imparte cursos de interpretación. O 13 de outubro do mesmo ano tivo lugar o primeiro concerto da Orquestra Pau Casals no Palau de la Música Catalana, e en 1922 fixo a súa primeira aparición como director no Carnegie Hall de Nova York.

En 1926 creou a Associació Obrera de Concerts co obxectivo de permitir á clase obreira gozar da música. Con motivo do centenario da morte de Ludwig van Beethoven, en 1927 efectuou diversos concertos en Viena, así como interpretou en Barcelona o Triplo Concerto de Beethoven xunto con Thibaud e Cortot e a batuta de Eugene Ysaÿe. Ese mesmo ano foi nomeado "fillo predilecto" da súa vila natal, El Vendrell.

En 1928 realizou unha pequena viaxe aos Estados Unidos para interpretar o seu derradeiro concerto como solista nese país que tivo lugar no Town Hall de Nova York xunto co pianista Nicolai Mednikoff. Ese mesmo ano finalizou a relación coa súa dona e separáronse definitívamente.

Segunda República, guerra civil e exilio Ao proclamarse a Segunda República Española o 15 de abril de 1931, realizou un concerto en Montjuïc para celebrar este feito, no concerto Casals dirixiu a Novena Sinfonía de Beethoven interpretada pola Orquestra Pau Casals e o Orfeó Gracienc. En 1933 rexeitou unha invitación para ir tocar coa Berliner Philharmoniker pola chegada ao poder de Adolf Hitler e as persecucións dos nazis.

O 18 de xullo de 1936, durante un ensaio, coñeceu a nova do alzamento militar de Francisco Franco. Cando as tropas de Franco ocuparon Barcelona a finais de xaneiro de 1939, viuse obrigado a exiliarse, volvendo a París, onde residiu na casa de Maurice Eisenberg. Logo da súa breve estadía en París, marchou a Prades, onde se instalou nunha habitación do Grand Hotel, dende onde comezou a súa campaña de axuda aos refuxiados españois xunto co seu amigo Joan Alavedra. Porén, o 13 de xuño de 1940 as tropas alemás invadiron París, polo que Francesca Capdevila, Pilar Casals, a familia Alavedra e o propio Pau Casals deciden abandonar Francia dende Bordeos a bordo do "Champlain" con destino a Norteamérica. Con todo, cando estaban a piques de embarcar, o "Champlain" foi bombardeado polos alemáns, polo que decidiron regresar a Prades, onde se instalaron na Vila Colette.