A tempada 2005-06 da NBA foi a sexaxésima na historia da NBA. Deu comezo o 1 de novembro de 2005 e rematou o 19 de abril de 2006. Os playoffs comezaron o 22 de abril de 2006 e remataron o 20 de xuño de 2006 coa coroación de Miami Heat coma campións da NBA tras derrotar a Dallas Mavericks por 4-2.

Aspectos destacados Un novo código de vestimenta púxose en práctica a principios de ano polo comisionado David Stern. Miami Heat gañou o primeiro campionato da súa historia. Converteuse na terceira franquía (xunto cos Boston Celtics en 1969 e Portland Trail Blazers en 1977) en gañar o anel tras perder os dous primeiros partidos das Finais. Tamén é o primeiro dos catro equipos en expansión da tempada 1988-89 en conseguir un campionato. O NBA All-Star Game xogouse o 19 de febreiro de 2006 no Toyota Center de Houston, gañando o Leste ao Oeste por 122-120. LeBron James de Cleveland Cavaliers foi o MVP do partido. Os Charlotte Bobcats comezaron a disputar os seus encontros no novo pavillón Charlotte Bobcats Arena, no centro da cidade. Debido aos desastres provocados polo furacán Katrina, New Orleans Hornets xogou 32 partidos coma local no Ford Center de Oklahoma City, 6 no Pete Maravich Assembly Center da Universidade de Louisiana State e 3 no New Orleans Arena en marzo. Durante esta tempada, a franquía foi oficialmente coñecida como New Orleans/Oklahoma City Hornets. Nesta tempada cumpríronse 30 anos da absorción de catro equipos da ABA á NBA: Indiana Pacers, New Jersey Nets, Denver Nuggets e San Antonio Spurs, todos eles en 1976. O 22 de xaneiro de 2006, Kobe Bryant anotou 81 puntos ante Toronto Raptors. Dita anotación é a segunda mellor na historia da liga, por detrás dos 100 tantos de Wilt Chamberlain en 1962. Scottie Pippen (Chicago Bulls), Karl Malone (Utah Jazz) e Reggie Miller (Indiana Pacers) foron homenaxeados coa retirada dos seus dorsales nos seus respectivos equipos. Por quinto ano consecutivo, a NBA continuou co seu programa de Hardwood Classics. Bulls, Rockets, Clippers, Grizzlies, Heat, Nets, Knicks, Magic, Suns, Sonics e Wizards participaron levando camisetas retro en partidos selectos. No último partido da tempada regular, Ray Allen bateu o récord de máis triplas anotadas nunha tempada con 269. As Finais da NBA foron ironicamente coñecidas como "American Airlines" debido a que ambos equipos xogan en pavillóns patrocinados pola compañía aérea. Miami Heat disputa os seus encontros no American Airlines Arena, mentres que Dallas Mavericks fai o propio no American Airlines Center.

Clasificacións Conferencia Leste División Atlántica#EquipoVD%VP1New Jersey Nets (3)4933.598-2Philadelphia 76ers 3844.463113Boston Celtics3349.402164Toronto Raptors2755.329225New York Knicks2359.28026 División Central#EquipoVD%VP1Detroit Pistons (1)6418.780-2Cleveland Cavaliers (4)5032.610143Indiana Pacers (6)4141.500234Chicago Bulls (7)4141.500235Milwaukee Bucks (8)4042.48824 División Sueste#EquipoVD%VP1Miami Heat (2)5230.634-2Washington Wizards (5)4240.512103Orlando Magic3646.439164Charlotte Bobcats2656.317265Atlanta Hawks2656.31726 Conferencia Oeste División Noroeste#EquipoVD%VP1Denver Nuggets (3)4438.537-2Utah Jazz4141.50033Seattle SuperSonics3547.42794Minnesota Timberwolves3349.402115Portland Trail Blazers2161.25623 División Pacífica#EquipoVD%VP1Phoenix Suns (2)5428.659-2Los Angeles Clippers (6)4735.57373Los Angeles Lakers (7)4537.54994Sacramento Kings (8)4438.537105Golden State Warriors3448.41520 División Suroeste#EquipoVD%VP1San Antonio Spurs (1)6319.768-2Dallas Mavericks (4)6022.73233Memphis Grizzlies (5)4933.598144NO/OKC Hornets3844.463255Houston Rockets3448.41529

* V: Victorias * D: Derrotas * %V: Porcentaxe de victorias * P: Partidos de diferenza respecto á primeira posición

Estadísticas + Categoría Xogador Equipo Termo medio/% Puntos por partido Kobe Bryant Los Angeles Lakers 35.4 Rebotes por partido Kevin Garnett Minnesota Timberwolves 12.7 Asistencias por partido Steve Nash Phoenix Suns 10.5 Robos por partido Gerald Wallace Charlotte Bobcats 2.5 Tapóns por partido Marcus Camby Denver Nuggets 3.3 Porcentaxe de tiros de campo Shaquille O'Neal Miami Heat 60.0% Porcentaxe de tiros libres Steve Nash Phoenix Suns 92.1% Porcentaxe de triplas Richard Hamilton Detroit Pistons 45.8%

Premios MVP da Tempada 20px Steve Nash (Phoenix Suns) Mellor Defensor 20px Ben Wallace (Detroit Pistons) Rookie do ano da NBA 20px Chris Paul (New Orleans/Oklahoma City Hornets) Mellor Sexto Home da NBA 20px Mike Miller (Memphis Grizzlies) Xogador máis mellorado da NBA 20px Boris Diaw (Phoenix Suns) Adestrador do Ano da NBA 20px Avery Johnson (Dallas Mavericks) Primeiro Quinteto da Tempada F LeBron James - Cleveland Cavaliers F Dirk Nowitzki - Dallas Mavericks C Shaquille O'Neal - Miami Heat G Kobe Bryant - Los Angeles Lakers G Steve Nash - Phoenix Suns Segundo Quinteto da Tempada F Elton Brand - Los Angeles Clippers F Tim Duncan - San Antonio Spurs C Ben Wallace - Detroit Pistons G Dwyane Wade - Miami Heat G Chauncey Billups - Detroit Pistons Tercer Quinteto da Tempada F Shawn Marion - Phoenix Suns F Carmelo Anthony - Denver Nuggets C Yao Ming - Houston Rockets G Allen Iverson - Philadelphia 76ers G Gilbert Arenas - Washington Wizards Primeiro Quinteto Defensivo Bruce Bowen - San Antonio Spurs Ben Wallace - Detroit Pistons Andréi Kirilenko - Utah Jazz Ron Artest - Sacramento Kings Kobe Bryant - Los Angeles Lakers Jason Kidd - New Jersey Nets Segundo Quinteto Defensivo Tim Duncan - San Antonio Spurs Chauncey Billups - Detroit Pistons Kevin Garnett - Minnesota Timberwolves Marcus Camby - Denver Nuggets Tayshaun Prince - Detroit Pistons Primeiro Quinteto de Rookies Chris Paul - New Orleans Hornets Charlie Villanueva - Toronto Raptors Andrew Bogut - Milwaukee Bucks Deron Williams - Utah Jazz Channing Frye - New York Knicks Segundo Quinteto de Rookies Danny Granger - Indiana Pacers Raymond Felton - Charlotte Bobcats Luther Head - Houston Rockets Josh Smith - Atlanta Hawks Ryan Gomes - Boston Celtics

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da NBA

Categoría:Baloncesto en 2006 Categoría:Tempadas da NBA