Aizuwakamatsu (会津若松市, あいづわかまつし, Aizuwakamatsu-shi) é un concello da prefectura de Fukushima no Xapón. Está situado ó sur da rexión de Tōhoku e no centro da prefectura, e ó leste da illa de Honshū. Ten 383,03 km² de superficie, unha poboación de 128.527 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 336 h/km².

O concello de Aizuwakamatsu limita cos concellos de Aizumisato, Aizubange, Yugawa, Kitakata, Bandai, Inawashiro, Kōriyama, Ten'ei e Shimogō.

Aizuwakamatsu era na época de Edo a capital do dominio de Aizu-han do clán Aizu-Matsudaira.

Véxase tamén

Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Aizuwakamatsu . Sitio oficial da cidade de Aizuwakamatsu

Categoría:Prefectura de Fukushima Categoría:Concellos do Xapón