O Vietcong ou Fronte Nacional de Liberación de Vietnam (en ), tamén coñecido como Front National de Liberté (FNL), foi unha organización guerrilleira formada en 1960 por toda a oposición á ditadura de Ngô Đình Diệm, aínda que os comunistas eran maioritarios.
Terminoloxía O termo Việt Cộng apareceu por vez primeira nos xornais de Saigón a comezos de 1956. Trátase dunha contracción da expresión Việt Nam cộng sản (en ). A cita máis antiga para Viet Cong en lingua inglesa data de 1957. Os soldados estadounidenses referíanse ao Vietcong como "Victor Charlie" ou "VC", xa que "Victor" e "Charlie" son as letras correspondentes a "V" e "C" no alfabeto radiofónico. "Charlie" referíase ás forzas comunistas en xeral; é dicir, tanto ao Vietcong como ao Exército Popular de Vietnam (EPV) do norte do país.
Na historia oficial vietnamita, o Vietcong recibe o nome de Exército de Liberación de Vietnam do Sur ou Fronte de Liberación de Vietnam do Sur. Moitos escritores acurtan esta denominación a Fronte de Liberación Nacional (FLN). En 1969 a FLN creou o Goberno Provisional Revolucionario da República de Vietnam do Sur (en ). Malia que a FLN non se aboliu até 1977, deixou de usar este nome tras a instauración do goberno provisional. Os seus membros adoitaban referirse á FLN como "a Fronte" (en ). Na actualidade, os medios de comunicación de Vietnam normalmente falan do Exército de Liberación de Vietnam do Sur (en ).
Historia O FNL foi a primeira organización rebelde que loitou contra o colonialismo francés e contra a República de Vietnam do Sur. Esta fronte foi de todos os elementos opostos ao goberno existente sen importar se eran comunistas ou non. A súa organización militar foi coñecida como as "Forzas Armadas de Liberación Popular".
miniatura|dereita|Un soldado do FNL. Os combates iniciáronse dous anos antes para loitar contra a severa represión da ditadura a todos os seus opoñentes. Co apoio do Vietnam do Norte, en 1962 a organización controlaba gran parte da zona rural de Vietnam do Sur, o que provocou a masiva intervención norteamericana, que desembocaría na guerra de Vietnam. Apoiado polo exército norvietnamita e abastecido a través da ruta Ho Chi Minh, logrou manter unha guerra de guerrillas durante máis dunha década.
En 1969, a Fronte formou unha provisional República de Vietnam do Sur que tomou o poder brevemente logo da caída de Saigón en 1975 e logo apoiou a reunificación do país baixo o liderado do Partido Comunista de Vietnam como República Socialista de Vietnam en 1976.
En xeral, o termo Vietcong servía para referirse aos insurxentes armados e políticos disidentes que pelexaban contra a república de Vietnam durante a guerra de Vietnam. Este nome foi derivado dunha contracción da frase vietnamita Việt Nam Cộng Sản, ou "Comunista Vietnamita". O grupo principal cuberto polo termo, ademais do FNL, é o exército guerrilleiro nomeado formalmente como as Forzas Armadas Populares de Liberación (PLAF).
Nas áreas, baixo o seu control, a FLN incluía tamén a moitos non militares, incluíndo xefes de vilas, oficinistas de vilas, e profesores escolares. Moitos consideran o termo Vietcong xustamente derogativo, aínda que o seu uso se masificou en occidente, xa que a guerra de Vietnam fixo este termo máis coñecido que o nome apropiado de FLN.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Organizacións paramilitares en Vietnam Categoría:Historia de Vietnam Categoría:Guerra Fría