O alfabeto fenicio é un antigo alfabeto de tipo abjad utilizado polos fenicios para notar a súa lingua. Foi adaptado por outros pobos do Mediterráneo e deu orixe principalmente a:

o alfabeto grego, do que á súa vez xurdiron: o alfabeto etrusco, que deu o alfabeto latino, o alfabeto cirílico, o alfabeto gótico, o alfabeto copto; varios alfabetos anatolios como o cario, o lidio, o licio, o panfilio, o frixio e o sidético. o alfabeto arameo, do que xurdiron: o alfabeto hebreo, o alfabeto siríaco, o alfabeto árabe.

Historia

É probable que o alfabeto fenicio xurdira a partir dun modelo chamado alfabeto lineal e se utilizara para notar idiomas proto-cananeos, que proviría de simplificacións dos xeroglíficos exipcios. As inscricións máis antigas datan probablemente do século XIII antes da nosa era pero aínda son consideradas como lineais. No século IX, o alfabeto está completamente establecido (o que permite postular como data de separación o 1050 antes da nosa era, entre o modelo lineal e o modelo fenicio).

O alfabeto fenicio segue a orde levantina, que ha transmitir a todos os seus descendentes.

Lista dos grafemas

Trazado 20px 20px 20px 20px 20px 20px 20px 20px 20px 20px 20px Nome ʾālef bēt gīmel dālet hē wāw zayin ḥēt ṭēt yōd kaf Transliteración ʾ b g d h w z ḥ ṭ y k Valor /ʔ/ /b/ /g/ /d/ /h/ /w/ /z/ /ħ/ /tˀ/ /j/ /k/ Trazado 20px 20px 20px 20px 20px 20px 20px 20px 20px 20px 20px Nome lāmed mēm nūn sāmek ʿayin pē ṣādē qōf rēš šīn tāw Transliteración l m n s ʿ p ṣ q r š t Valor /l/ /m/ /n/ /s/ /ʕ/ /p/ /sˀ/ /s/ /r/ /ʃ/ /t/

Non coñecemos directamente o nome das letras fenicias. Escolléronse aquí os posibles valores, restituídos a partir do hebreo. A transliteración segue as convencións habituais para as linguas semíticas. Os valores fonolóxicos exprésanse en API. As « enfáticas » das linguas semíticas son interpretadas como antigas exectivas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fenicios Lingua fenicia Alfabeto grego Alfabeto Bibliografía The World's Writing Systems, baixo a dirección de Peter T. Daniels e William Bright, Oxford University Press, Oxford, 1996 ; John Healey, « The Early Alphabet », en Reading the Past, obra colectiva, British Museum Press, 1990 ; André Martinet, « Palatalisation de “g” en arabe », en Évolution des langues et reconstruction, Presses universitaires de France, collection « Sup », section « Le linguiste », París, 1975.

Categoría:Alfabetos