Habikino (羽曳野市, はびきのし, Habikino-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado no centro-leste da prefectura, na zona sur da provincia histórica de Kawachi, no centro da rexión de Kinki, e no centro-oeste da illa de Honshu. Ten 26,44 km² de superficie, unha poboación de 117.670 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 4.450 hab./km².

O concello de Habikino limita cos concellos de Sakai, Matsubara, Fujiidera, Kashiwara, Taishi, Tondabayashi (que son da prefectura de Osaca); e Kashiba (este último é da prefectura de Nara).

Turismo e lugares de interese Conxunto de Tumbas antigas de Furuichi (古市古墳群) - Conxunto de tumbas da era Yamato Kondagobyōyama Kofun (誉田御廟山古墳) - Tumba do emperador Ōjin Shimaizumimaruyama Kofun (島泉丸山古墳) - Tumba do emperador Yūryaku Tumbas de Minamoto no Yorinobu, de Minamoto no Yoriyoshi e de Minamoto no Yoshiie

Universidades Universidade da prefectura de Osaca (大阪府立大学) Campus de Habikino (羽曳野キャンパス)

Galería de imaxes

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Habikino .

Categoría:Prefectura de Osaca Categoría:Concellos do Xapón