miniatura|250px|Chocallo. miniatura|dereita|250px|Unha vaca co chocallo pendurado do pescozo Denomínase chocallo, choca ou cinzarra á campaíña metálica, feita con chapa de ferro ou cobre, que pendura do pescozo dalgúns animais e que serve para saber onde paran e poder vixialos con maior facilidade. En Galiza, amais de nas vacas, tamén é habitual o emprego de chocallos en cabras, carneiros e outros ruminantes.
Refraneiro Quen perde o almallo, búscalle o chocallo. Chocallo de prata e bois rombós son as boas señaes do labrador. Chouco, chouco, chouco, os chocallos meus e as vaquiñas doutro. Ao que ten pouco bois, antóxanselle os chocallos. A boi vello, chocallo novo. Boi sen chocallo pérdese polo atallo. ¿Sona o chocallo? Gado vén. Onde vai o chocallo vai o fato.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Refraneiro Galego da Vaca. Centro de investigacións lingüísticas e literarias Ramón Piñeiro.
Categoría:Gandaría