Xosé Luís Rivas Cruz, alcumado Mini, nado en San Martiño de Pacios (Begonte) o 18 de xuño de 1951, é un profesor, cantautor, compositor, musicólogo e político galego.

Traxectoria miniatura|dereita|250px|"Mini" (esq.) e "Mero" no acto en lembranza de Avelino Pousa Antelo en Teo en 2013. Impartiu clases nunha escola unitaria no concello de Boimorto, e máis tarde sería profesor no CPI Armando Cotarelo Valledor. Mentres, desenvolveu un amplo labor cultural dentro da música, na que se segue a manter de forma activa.

Formou parte da banda Fuxan os Ventos dende a súa fundación até 1982 para despois, en 1984, xunto co seu compañeiro Baldomero Iglesias Dobarrio "Mero", formar A Quenlla, grupo no que continúa na actualidade. Nese mesmo ano fixo a música para a curtametraxe Mamasunción.

No ano 2007 cedeu, canda o seu compañeiro "Mero", as recollas de cantos, bailes, lendas e refráns recompiladas ao longo da súa traxectoria, ao Museo do Pobo Galego. Todo este repertorio foi dixitalizado e posto a disposición dos interesados no patrimonio oral galego.

Nas eleccións municipais de 2015 presentouse como cabeza de lista do BNG-Asembleas Abertas e foi elixido alcalde de Boimorto co apoio do PSdeG. Dous meses despois Gonzalo Concheiro, candidato do PP, pasa a ser novo alcalde de Boimorto tras prosperar unha moción de censura do PP apoiada por un concelleiro que fora elixido nas listas do PSdeG-PSOE pero que pasara a ser non adscrito no mes de xullo.

Tras as eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado polo BNG para a 10.ª lexislatura, sendo reelixido nas eleccións de 2020.

Vida persoal

É pai da tamén cantante e política Navia Rivas.

Obra musical Destaca como compositor e adaptador de cancións galegas e leva a cabo un intenso labor de recompilación do folclore de Galiza. Así, ten editados trece álbums e ten arranxado as músicas para os seguintes vídeos:

Historia da lingua Os señores da palabra 70 anos de nacionalismo Memoria de rosas Longa noite de pedra A carón dá escola Cantares de cego I Contos de lanuxes pra nenos Somos lenda viva

Obra escrita Ensaio Boimorto: memoria dun silencio, 2007, Concello de Boimorto.

Obras colectivas Contos de vellos para nenos, con Mero, 1995. Somos lenda viva, con Mero, 1996, Citania de Publicacións.

Premios En 2009, foi premiado xunto a Mero co Pedrón de Ouro pola divulgación da cultura oral de Galiza. En 2012 recibiron o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos A Quenlla Mini e Mero Eleccións municipais en Boimorto

Ligazóns externas Ficha de Mini en Galegos.info

Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Begonte Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Alcaldes de Boimorto Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Pedrón de Ouro Categoría:A Quenlla Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades da música e o baile tradicional de Galicia Categoría:Zanfonistas Categoría:Cantautores de Galicia