Bifobia é a discriminación ou o odio cara a persoas bisexuais. Non inclúe necesariamente a homofobia nin a heterofobia, porque hai estereotipos específicos para os bisexuais.

Estereotipos bifóbicos Os estereotipos bifóbicos inclúen, entre outros, a promiscuidade, poligamia, intercambio de parellas, estar confundido ou ser libidinoso. Nalgúns casos, acúsase ás persoas bisexuais de ter espallado enfermidades de trasmisión sexual á comunidade heterosexual ou incluso á comunidade LGTB. Deste estereotipo deriva aquel segundo o cal unha persoa bisexual podería ter sexo con calquera. Por iso os homes bisexuais adoitan ser vistos como portadores do virus da SIDA.

A miúdo, as persoas heterosexuais engaden máis estereotipos baseados na homofobia. As persoas homófobas poden pensar que a bisexualidade implica non están a gusto co propio sexo biolóxico. Ás veces dende a homosexualidade considérase que as persoas bisexuais conservan a súa reputación e colaboran coa homofobia mentres disfrutan simultaneamente da vida LGTB. Hai quen considera bifóbica a crenza de que a xente se divide entre heterosexuais e homosexuais, xa que negan a existencia da bisexualidade PMID 11304706.

Notas

Categoría:Discriminación Categoría:LGBTIQ+ Categoría:Bisexualidade Categoría:Fobias