Ricardo Rodolfo Maduro Joest, nado en Panamá o 20 de abril de 1946, é un político e empresario hondureño que foi Presidente da República entre 2002 e 2006. Anteriormente fora director do Banco de Honduras. Pertence ao Partido Nacional de Honduras.

Biografía Fillo de pai panameño e nai hondureña, esta á súa vez nada en Guatemala, Ricardo Maduro se graduouse pola Lawrenceville School e despois pola Universidade Stanford. Do seu primeiro matrimonio, con Miriam Andréu, tivo tres fillos, un dos cales foi secuestrado o 23 de abril de 1997 e atopado morto dous días despois.

Despois da morte do seu fillo, decidiu saír candidato á presidencia, tendo como divisa a loita contra a criminalidade. Foi elixido o 2001, asumindo o 27 de xaneiro de 2002. O outubro de 2002 contraeu matrimonio con Ocaña Navarro.

Aínda durante o seu período presidencial, Maduro e a súa filla sufriron un accidente de avión, o 1 de maio de 2005. A pesar da gravidade do accidente, ambos se recobraron do mesmo.

Nas eleccións de 27 de novembro de 2005 o candidato do seu partido Porfirio "Pepe" Lobo, perdeu fronte a Manuel Zelaya do Partido Liberal de Honduras, quen o substituíu no cargo presidencial o 27 de xaneiro de 2006.

Notas

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Presidentes de Honduras Categoría:Alumnos da Universidade Stanford