A técnica de May Grünwald Giemsa emprégase para a demostración de bacterias ou outros microorganismos en sangue.
Características O frotis, unha vez seco, fíxase e tínguese mediante colorantes adecuados. Xeralmente, nos laboratorios hematolóxicos empregan colorantes baseados na tinguidura de Romanowsky, baseada nunha combinación de eosina e azul de metileno. Aínda que cada laboratorio emprega a súa receita, os colorantes e os métodos de tinguidura máis empregados son os de Giemsa, Wright e May Grünwald Giemsa.
A técnica de May Grünwald Giemsa baséase na acción complementaria de dous colorantes neutros e na afinidade dos elementos celulares polos colorantes ácidos ou básicos. Estes dous colorantes son May Grünwald e Giemsa, son solubles en alcohol metílico e son, polo tanto, inactivos: é o contacto coa auga o que lles da un poder colorante. Os sales disócianse entón coloreando ácido (eosina) e básico (azul de metileno).
Ocasionalmente utilízase en tecidos incluídos en parafina e cortados a 6 micrómetros.
Reactivos Solución stock de Jenner: Líquido de Jenner, 1gr Alcohol metílico, 400cc Solución de traballo de Jenner: Solución stock de Jenner, 25cc Auga destilada, 25cc Solución colorante de Giemsa: Giemsa en po, 1gr Glicerina, 66cc Alcohol metílico, 66cc Mesturar o Giemsa coa glicerina. Metelo na estufa a 60 °C durante 2 horas. Engadir o alcohol e mesturar ben. Solución diferenciadora de resina ó 1% Resina, 1gr Alcohol etílico ó 95 %, 100cc Auga destilada (buffer pH 7): Solución A Fosfato dibásico sódico, 9,47 gr Auga destilada, 1000cc Solución B Fosfato monobásico potásico, 9,80 gr Auga destilada, 1000cc Para cada 100 ml de auga destilada (buffer pH 7), combinar: 49.6 ml de solución a 50.4 ml de solución b.
Procedemento Desparafinar e hidratar ata a auga destilada. Meter en alcohol metílico, 2 cambios de 5 minutos cada un. Poñer os portaobxectos en solución de traballo de Jenner durante 6 minutos. Aclarar na solución de auga destilada (buffer pH 7). Poñer os portaobxectos en solución de Giemsa 45 minutos. Aclarar rapidamente na solución diferenciadora de resina. Chequear ó microscopio. Aclarar en auga destilada. Deshidratar en alcohol de graduación ascendente. Aclarar en xilol e montar.
Resultados Núcleo: azul. Citoplasma: rosa a rosa escuro. Bacterias: azul palo.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Tinguiduras histolóxicas