A Confederación Xermánica ou Confederación Alemá (en alemán, Deutscher Bund) foi unha unión estabelecida en 1815 polo Congreso de Viena que agrupou 39 estados alemáns nunha confederación de estados soberanos baixo a presidencia da Casa de Austria. Sucedeu a Confederación do Rin, creada en 1806 por Napoleón I en substitución do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Funcionamento Creada para manter a seguridade dos múltiples pequenos estados do desaparecido Sacro Imperio Romano Xermánico, a Confederación non supuña ningunha concesión ao crecente nacionalismo alemán, por non ser este do agrado de Viena. A Dieta, que non era un parlamento de representantes elixidos polo pobo senón un congreso de legados con sede en Frankfurt, foi a súa única entidade central, aínda que en 1834 estabeleceuse a Unión Aduaneira de Alemaña (Zollverein) e, con iso, creouse un mercado interno unitario para a meirande parte de estados.

A Revolución de 1848 tivo gran resonancia en Alemaña. En marzo producíronse en todos os Estados da Confederación alzamentos populares que obrigaron aos príncipes a facer concesións, que levaron ao rexurdimento dos primeiros parlamentos verdadeiramente representativos. A Confederación só funcionaba cando coincidían as posicións de Austria e Prusia, cuxa confrontación finalmente conduciu á Guerra das Sete Semanas. Tras o triunfo prusiano, a Confederación Xermánica quedou disolta e foi substituída no ano 1867 pola Federación Alemá do Norte, dominada por Prusia, que serviu de preámbulo ao gran Imperio Alemán.

miniatura|500px|centro|Os monarcas dos estados membros na reunión de Frankfurt en 1863.

Estados membros 15px Imperio de Austria 15px Reino de Baviera 15px Reino de Hannóver 15px Reino de Prusia 15px Reino de Saxonia 15px Reino de Württemberg 15px Principado de Hesse-Kassel 15px Gran Ducado de Baden 15px Gran Ducado de Hesse-Darmstadt Gran Ducado de Luxemburgo 15px Gran Ducado de Mecklembourg-Schwerin 15px Gran Ducado de Mecklembourg-Strelitz 15px Gran Ducado de Saxonia-Weimar-Eisenach 15px Ducado de Anhalt-Bernburg 15px Ducado de Anhalt-Köthen 15px Ducado de Anhalt-Dessau 15px Ducado de Brunswick 15px Ducado de Holstein 15px Ducado de Limburgo (a partir de 1839) 15px Ducado de Nassau 15px Ducado de Oldenburg (Gran Ducado a partir de 1829) 15px Ducado de Saxonia-Altenburg 15px Ducado de Saxonia-Coburg-Gotha 15px Ducado de Saxonia-Hildburghausen 15px Ducado de Saxonia-Meiningen 15px Cidade de Bremen 15px Cidade de Frankfurt am Main 15px Cidade de Hamburgo 15px Cidade de Lübeck 15px Once principados (entre eles, o Principado de Liechtenstein, o Principado de Hohenzollern-Sigmaringen, o Principado de Lippe e o Principado de Waldeck).

Legado territorial 250px|miniatura|Estados da Confederación Xermánica Os actuais estados cuxo territorio formou parte da Confederación Xermánica (1815 - 1866), xa sexa enteiramente ou unha parte deles son:

20px|border Alemaña (tódolos estados) 20px|border Austria (tódolos estados excepto Burgenland) 20px|border Luxemburgo (todo o territorio) 20px|border Liechtenstein (todo o territorio) 20px|border Países Baixos (a provincia de Limburgo uniuse á Confederación despois de 1839) 20px|border Chequia (todo o territorio) 20px|border Eslovenia (excepto Prekmurje e os concellos de Koper, Izola e Piran) 20px|border Polonia (as rexións de Pomerania Occidental, Lebus, Baixa Silesia, Opole e parte de Silesia). 20px|border Bélxica (A Comunidade Xermanófona e algún outro territorio do leste da provincia de Liexa); a provincia máis grande de Luxemburgo abandonou a confederación na súa adhesión a Bélxica en 1839. 20px|border Italia (a rexión autónoma de Trentino-Tirol do Sur, a Provincia de Trieste, a maioría da Provincia de Gorizia excepto o enclave de Monfalcone, e as municipalidades de Tarvisio, Malborghetto Valbruna, Pontebba, Aquileia, Fiumicello e Cervignano na Provincia de Udine) 20px|border Croacia (o territorio de Pazin no Condado de Istria e a franxa costeira entre Opatija e Plomin na rexión de Liburnia)

Véxase tamén

Outros artigos

Confederación Alemá do Norte Unión Alfandegueira Alemá

Ligazóns externas A Acta da Confederación Xermánica de

Categoría:Estados desaparecidos de Europa Categoría:Historia de Alemaña Categoría:Historia de Austria Categoría:Historia de Luxemburgo Categoría:Historia de Liechtenstein