Coalición Popular foi a marca electoral do pacto entre varios partidos para concorrer xuntos ás eleccións municipais de 1983Elecciones municipales de Cantabria de 1983 e ás eleccións xerais de 1986. A coalición formábana os seguintes partidos:
Alianza Popular (AP) o Partido Demócrata Popular (PDP) e Unión Liberal (UL), posteriormente fusionado co Partido Liberal.
Tamén se integraron os partidos de carácter autonómico: Unió Valenciana, Unión del Pueblo Navarro, Partido Aragonés Regionalista e Centristas de Galicia.
Presentou como candidato á Presidencia do Goberno a Manuel Fraga Iribarne, e obtivo 5 247 677 votos (o 25,97%) e 105 deputados (69 de AP, 21 de PDP, 12 de PL, 2 de UPN e 1 de CdG).
Despois destas eleccións, o Partido Demócrata Popular abandonou a coalición. Logo de concorrer en solitario nas eleccións locais de 1987 ó obter un mal resultado, pasou a denominarse Democracia Cristiá e, liderado por Javier Rupérez, integrouse en 1990 no Partido Popular.
Notas
Categoría:Partidos políticos de España