é un concello xaponés, capital da prefectura de Saitama. Está situado no centro da rexión de Kanto e ó leste da prefectura, na parte leste da illa de Honshu. Ten 217,49 km² de superficie, unha poboación de 1.206.252 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 5.550 hab./km².
O concello de Saitama limita cos concellos de Shiki, Fujimi, Kawagoe, Ageo, Hasuda, Shiraoka, Kasukabe, Koshigaya, Kawaguchi, Warabi, Toda e Asaka.
Historia A cidade de Saitama foi fundada pola fusión dos concellos de Urawa, Ōmiya e Yono o 1 de maio de 2001.
Demografía
División administrativa O concello de Saitama divídese en 11 barrios (ku 区): Chuuou-ku (中央区, ちゅうおうく) Iwatsuqui-ku (岩槻区, いわつきく) Quita-ku (北区, きたく) Midori-ku (緑区, みどりく) Minami-ku (南区, みなみく) Minuma-ku (見沼区, みぬまく) Nixi-ku (西区, にしく) Oomiia-ku (大宮区, おおみやく) Sakura-ku (桜区, さくらく) Urawa-ku (浦和区, うらわく)
Deporte Fútbol Urawa Red Diamonds (浦和レッドダイヤモンズ) Omiya Ardija (大宮アルディージャ)
Universidades Universidade de Saitama (埼玉大学)
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Saitama .
Categoría:Prefectura de Saitama Categoría:Concellos do Xapón