miniatura|Feísmo en Vigo. O feísmo, tamén coñecido coma maltrato da paisaxe"O termo feísmo [...], con coñecemento técnico pola miña profesión e pola experiencia persoal, bauticeino con dous nomes que eu mesmo deseñei: Canibalismo urbanístico primeiro e Maltrato da Paisaxe máis tarde." Carlos Henrique Fernández Coto, arquitecto galego experto en "feísmo", definiu así este termo nunha entrevista en Praza Pública., é un termo acuñado en Galiza para referirse a unha problemática específica galega, xa que os expertos sosteñen que o fenómeno remata nas fronteiras con Portugal, Asturias e Castela e LeónEntrevista a Carlos Coto, a partir do minuto 16:00. O concepto serve para designar un estilo arquitectónico ou urbanístico de trazos esteticamente discutíbeis. Trátase de construcións humanas que degradan o contorno e que chocan de fronte cos canons estéticos propios do lugar, e foi definido coma "un desleixo xeneralizado que impera en boa parte das construcións do país e que se fai especialmente patente no medio rural e naquelas zonas que sofren os estragos da especulación urbanística".O problema do feísmo

En 2011, o colectivo Ergosfera comeza o proxecto Eu si quero feísmo na miña paisaxe!, unha liña de investigación sobre as calidades detectadas en moitas das arquitecturas e procesos urbanos asociados ao feísmo.

En 2015, os arquitectos Pablo Ramil Regoe e Javier Ferreiro da Costa confeccionaron unha clasificación con 34 tipos de construcións dentro do feísmo, após unha análise da paisaxe galega e os seus principais elementos.Gómez Orellana et al. 2005-2006; Martínez Sánchez et al. 2010, 2011; Ramil-Rego 2007, 2009a,b; Ramil-Rego et al. 2001, 2009, 2013

En 2020, Xosé Manuel Santos Solla e María de los Ángeles Piñeiro Antelo cuestionaron a súa existencia. miniatura|300px|Rúa Florencio Delgado Gurriarán en Córgomo. Historia do feísmo Unha das primeiras mostras da existencia da problemática do feísmo foi sinalada polos intelectuais galeguistas na Asemblea Nacionalista de Lugo de 1918.Soberanía estética: O primeiro plan contra o 'feísmo' fai 96 anos Non obstante, o termo feísmo é de aplicación recente no que se refire á problemática galega da paisaxe. No ano 1994 formouse unha oficina de rehabilitación na que ata 48 arquitectos tentaron explicar as bondades dos materiais tradicionais. No ano 2002 publicouse un libro que contiña explicitamente a palabra feísmo no título (Territorio maltratado: mais aló do feísmo de Pedro Llano Cabado). Outro libro de sona neste ámbito foi Feísmo? Destruír un país (varios autores).Gaia, a Cidade da Cultura, e a deconstrución

No ano 2003 o feísmo xa era a maior causa de denuncias ante o Valedor do PoboEl feísmo urbanístico y las listas de espera coparon las denuncias al Valedor en 2003 (en castelán) e un ano máis tarde tivo lugar o primeiro Foro contra o feísmo en Ourense, que tería a súa continuación no ano 2007 na mesma cidade.

Causas As causas do feísmo, e nisto consiste a súa peculiaridade, non deben buscarse na pobreza, na necesidade, ou na crise económica, senón máis ben ao contrario. Algúns exemplos do feísmo son construcións de gran custo económico. De feito, o feísmo comezou a estenderse coa engalaxe industrial galega dos anos sesenta. Na realidade obedece, segundo os expertos, a unha confluencia peculiar de factores, que se sintetizan nos seguintes elementos:

Unha taxa de dispersión demográfica elevada, unida a un elevado número de poboacións (Galicia ten un 50 % dos entes de poboación de España, ocupando so o 5,8 % da súa superficie) e a un destacado peso do asentamento rural. Todo isto dificulta o control urbanístico eficaz, ao que se suma a tradición galega da autopromoción construtiva, a construción sen plano e a edificación por tempada. Unha lexislación urbanística imprecisa e errática, que ademais non se cumpre, pois, como sinala o arquitecto Carlos Quintáns Eiras “as alcaldías renuncian a impoñer unha disciplina que podería comprometer o futuro electoral”. A longa serie de ciclos migratorios galegos, que nos últimos cincuenta anos se dirixiron a Europa e a propia Península Ibérica. Calcúlase sobre unha poboación residente de 2,8 millóns de galegos, que máis de dous millóns de galegos viven fóra de Galiza. O retorno dalgúns emigrantes supón a introdución de modelos arquitectónicos foráneos. Por outro lado, o asentamento definitivo doutros emigrantes no estranxeiro supón o abandono de edificacións xa existentes, e incluso de poboacións enteiras. Diversas circunstancias sociolóxicas explican a ostentosidade de certas construcións (nacidas da figura do indiano enriquecido) e o exótico das súas ornamentacións e acabados, que se sitúan xunto a edificacións antigas e abandonadas.La casa indiana se desmorona (en castelán) Unha forte especulación urbanística e do solo, propia non xa de Galicia senón de toda España. Se ben a construción en España rexistra taxas esaxeradamente altas (no ano 2006 superaron as 800.000 vivendas construídas, máis que Alemaña, Italia e Francia xuntashttp://www.abc.es/informacion/agenda2007/index/espana04.asp ; véxase Burbulla inmobiliaria na crise de 2008-2013), o ritmo construtivo galego é desmesurado, tendo en conta que a súa poboación diminúe tódolos anos. Aínda así, o arquitecto Carlos Quintáns Eiras estima que de 750.000 vivendas en 1970 pasouse, en Galicia, a 1 130 000 no ano 2000, unha cifra que contrasta co feito de que ese período foi de recesión demográfica. Unha estendida falta de interese pola arquitectura tradicional galega, percibida como anticuada por algúns sectores da poboación, o que redunda na introdución de solucións arquitectónicas foráneas ou simplemente inadaptadas ao contorno, que contrasta coa política urbanística europea, segundo a cal “constrúese case exclusivamente un único tipo de vivenda illada no medio rural con lixeiras variacións de tamaño, cor ou acabados, de tal maneira que case pode falarse dun modelo nacional ou rexional que case todos respectan”.

Clasificación Segundo a clasificación de Ramil e Ferreiro en 2015, existen 34 tipos de exemplos "feístas":

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Construción Estética Urbanismo en Galicia Arquitectura en Galicia APATRIGAL

Ligazóns externas Guía de campo para a interpretación do feísmo na paisaxe galega A mesma guía pero con edición dixital interactiva Artigos de opinión no Observatorio Galego do Territorio Kardo: Consuelo Castro Rey Chapuzas gallegas Sergio Remacha Vecino El jardín de las delicias Matías G. Rodríguez O território para que/m? Gerardo Pereira-Menaut: A vueltas con el feísmo 1, 2 e 3 Escolma de fotografías de feísmo de La Voz de Galicia Escolma en Galiciaé feismos.eu Proxecto audiovisual galego sobre o feísmo. Sección en La Voz de Galicia sobre chafalladas Territorios desprezados-pero-sen-prezo Artigo de Ergosfera sobre o chamado feísmo (páx.42-63).

Categoría:Arquitectura Categoría:Urbanismo Categoría:Estética